Semblanza de don Rosendo Yáñez Pena

El sacerdote diocesano falleció en Ferrol a los 84 años de edad

"Don Rosendo foi un pastor cercano, cariñoso, amigo dos nenos e dos xóvenes (cando era máis novo estivo moi comprometido co movemento Scout), compañeiro e amigo confidente"

Don Rosendo Yáñez Pena naceu fai oitenta e tres anos na parroquia de A Pedra (Cariño), concretamente o 27 de xuño de 1935.

Orfo de pai e moi unido á súa nai, entrou de neno no Seminario de Lourenzá e logo no de Mondoñedo onde cursou os seus estudios de Latín, Humanidades e Filosofía. Estudou teoloxía e Dereito Canónico na Universidade Pontificia de Salamanca. Tamén ampliou estudios en Roma.

Foi ordenado sacerdote en Valladolid o 12 de xullo de 1959. O seu primeiro destino pastoral foi o de coadxutor en Guitiriz en agosto de 1960. Ó ano seguinte foi nomeado director espiritual e profesor do Seminario Menor de Mondoñedo ata 1968.

No ano 1969 pasou a ser párroco de Nosa Señora das Dores en Ferrol, unha parroquia creada nese mesmo ano. Compaxinou por un tempo a súa tarefa de párroco coa de delegado diocesano das Obras misionais pontificias. Tamén foi xuíz do Tribunal eclesiástico ata de agora.

En xullo de 1993 foi nomeado párroco de Nosa Señora do Carmen de Ferrol onde estivo exercendo o seu ministerio durante dezaoito anos.

Ultimamente xa xubilado prestou o seu servizo como capelán da Residencia de “Mi Casa” de Ferrol.

De don Rosendo seguro que moitos de nós – exseminaristas, compañeiros sacerdotes, feligreses, familias, amigos, etc. - poderíamos compartir moitas cousas e experiencias. Don Rosendo foi un pastor cercano, cariñoso, amigo dos nenos e dos xóvenes (cando era máis novo estivo moi comprometido co movemento Scout), compañeiro e amigo confidente, etc.

Sempre se identificou coa renovación da Igrexa xurdida do Concilio Vaticano II. Moitos exseminaritas e sacerdotes recordamos como nos poñía ó día de todo o que ía forxando aló polos anos sesenta nas aulas conciliares. Á vez que foi un home culto e inquedo. Nas súas conversas sempre se aprendía algo ou polo menos suscitaba o interese por aquilo que compartía cos demais.

De saúde delicada, cando pensábamos celebrar con el o vindeiro mes de maio os seus sesenta anos de sacerdocio, case sen avisar, foi chamado á casa do Pai Deus onte á tarde. Descanse na paz do Señor. 



Referencias en prensa

· Fallece el sacerdote Rosendo Yáñez que ejerció años como párroco del Carmen y Dolores, en Ferrol

· Fallece Rosendo Yáñez, histórico párroco de Dolores y el Carmen

· Sentido adiós al capellán de Mi Casa

· Falleció en Ferrol el sacerdote Rosendo Yáñez

Antonio Rodríguez Basanta

Xove (1950) - Vicario General - Especialista en Catequética

@tonobasanta