Catro sacerdotes celebraran no Seminario as súas Vodas de Ouro e Diamante

O cardeal Aquilino Bocos, CMF, pronunciará unha conferencia centrada na comuñón en tempos de reforma

Mondoñedo acolle os actos diocesanos con motivo da festa sacerdotal de San Xoán de Ávila

Estimado compañeiro e irmán:

Despois de termos no Seminario de Mondoñedo a derradeira reunión de formación permanente sobre o tema das Upas, de novo me poño en comunicación contigo para convocarte á celebración do noso patrón San Xoán de Ávila, que terá lugar como de costume no mesmo Seminario o vindeiro día 10, venres, co seguinte horario e actividades:

10:15 hs.- Acollida e café
10:30 hs.- Oración inicial na sá “Crecente Vega”
10:45 hs.- Conferencia do cardeal Aquilino Bocos Merino, CMF: “Entre todos hacemos Iglesia. La Iglesia casa y escuela de comunión en tiempos de reforma”. Diálogo.
12:00 hs.- Descanso
12:30 hs.- Homenaxe ós nosos compañeiros: Vodas de Diamante (60 anos de ministerio): D. Lázaro Domínguez Gallego, D. Avelino González Rodríguez y D. Eduardo Losada González;  Vodas de Ouro (50 anos de ministerio): D. José Boullosa Canda.
13:00 hs.- Eucaristía da Capela Maior do Seminario (traer alba e estola branca).
14:00 hs.- Xantar (invitación da diocese).

Avisar ó Seminario tfno. 982 521 000, antes do día 7, martes.

+ÁLBUM FOTOGRÁFICO
 

Outras novas de interese:

· A peregrinación diocesana a Celanova do vindeiro día 17, organizada por arciprestados.

· Os Exercicios Espirituais xa anunciados para os sacerdotes no Seminario de Mondoñedo, do 1 ó 5 de xullo. Para inscribirse chamar ó Seminario, tfno. 982 521 000

· A celebración do Ano Xubilar de San Xoán de Ávila, en Montilla, do 6 de abril de 2019 ó 31 de maio do 2020, con motivo do 450 aniversario do seu falecemento, o 125 aniversario da súa beatificación e o 50 aniversario da súa canonización.

· Finalmente, o XII Encontro e II Congreso nacional da Divina Misericordia, do 18 ó 20 de outubro en Albacete.

Sen máis polo de agora, recibe un cordial saúdo neste tempo pascual.

Antonio Rodríguez Basanta
Delegado do Clero

Servicio Diocesano de Comunicación

@mondonedoferrol