Reseña histórica do sacerdote Jesús Fernández García

Foi párroco en localidades como Cedeira e Adelán, en Alfoz (Lugo)

O crego, o de maior idade do presbiterio, faleceu onte no Seminario de Mondoñedo aos 93 anos

O Rvdo. Don Jesús Ramón Fernández García naceu na parroquia de San Sadurniño o 14 de marzo de 1926. Tiña agora 93 anos.

Fixo os seus estudios de latín e humanidades, filosofía e teoloxía neste Seminario de Santa Catalina de Mondoñedo. No ano 1951 foi ordenado sacerdote

Tivo os seguintes cargos parroquiais: cura ecónomo de San Xoán do Freixo, coadxutor nas Pontes de García Rodríguez e Capelán da (así chamada daquela) Empresa Nacional Calvo Sotelo.

Logo pasou a ser cura ecónomo de San Nicolás de Neda por un tempo moi breve, para ser nomeado párroco de San Xiao de Montoxo e encargado de San Román tamén de Montoxo.

No ano 1978 pasa a ser cura ecónomo de Santa María do Mar de Cedeira e encargado de San Cosme de Piñeiro ata o seu cuasi retiro como cura de Adelán e Carballido no Valadouro.

Foi arcipreste de Cedeira e en dúas ocasión membro do Consello Presbiteral diocesano. No ano 2013 retírase á Residencia Sacerdotal do Seminario ata o seu falecemento.

Alí por onde pasou tivo a preocupación por adecuar as instalacións parroquiais as necesidades pastorais do momento, como no caso das parroquias de San Xiao de Montoxo, Cedeira e Adelán.

Bo conversador, sacerdote respetable e querido alí por onde pasou, de Don Jesús todos gardamos un grato recordo. Que xunto cos seus, entre os que contaba cunha unha irmá relixiosa, un irmán xesuíta e outro sacerdote diocesano, descanse merecidamente na paz Señor.

Antonio Rodríguez Basanta

Xove (1950) - Vicario General - Especialista en Catequética

@tonobasanta