Os Centros San Aníbal atenderon durante 2019 a 48 nenos e xóvenes

· Autor: Cope de la Costa

A Casa de Familia acolleu a 17 menores y no Centro de Día atenderon a 31

Durante o ano 2019 os Centros de Protección de Menores San Aníbal de Burela atenderon a un total de 48 nenos, nenas e adolescentes. En concreto atendéronse a 17 menores en situación de tutela ou garda na Casa de Familia San Aníbal e 31 no Centro de Día.

Dos 17 menores tutelados, catro ingresaron de urxencia, ainda que este centro non con este servizo,  intenta dar respostas, sempre que é posible, ás necesidades que xurden na Mariña. Deste 17 rapaces, a maioría son mozos e mozas entre 15 e 17 anos e ao longo do ano 2019 cinco deste rapaces retornaron a convivir coa súa familia biolóxica e un deles foi trasladado a un centro de atención específica terapéutica e o resto seguen a residir no fogar.

No Centro de Día San Aníbal, que é un centro de apoio á familia atendéronse a un total de 31 nenos, nenas e adolescentes, dos cales tres causaron baixa por trasladarse a familia a vivir fora da Comarca e dun deles asumiuse a tutela pública, pasando a residir no fogar.

Os Centros de Menores San Aníbal forman parte da rede de centros de protección de menores da Xunta de Galicia e son promovidos polas Fillas do Divino Celo-Rogacionistas.
 

Servicio Diocesano de Comunicación

@mondonedoferrol