“Acompañar en la soledad”: Jornada Mundial del Enfermo 2020

Según el INE, dos millones de personas mayores de 65 años viven solasen España · Autor: CEE

La Pascua del Enfermo se celebrará el 17 de mayo

El próximo 11 de febrero se conmemora en España el Día del Enfermo. En esta edición os proponemos fijarnos en una de las causas de ese cansancio que piden ser aliviadas: la soledad, que tiene las dimensiones de una auténtica epidemia

CARTA DEL DELEGADO “Vide a min tódolos que estades cansos e angustiados, e eu aliviareivos” (Mt 11,28)

Con esta claridade e contundencia manifesta Xesús a súa misión sanadora e salvadora, poñendo especial atención naqueles máis febles, predilectos no Novo Reino que está a proclamar. Son pois estas palabras as escollidas polo Papa Francisco como mensaxe da Igrexa na Xornada Mundial do Enfermo do presente ano, e tamén na Pascua do Enfermo que celebramos no noso país.

A Conferencia Episcopal Española, a través do departamento de Pastoral da Saúde quere concretar esta celebración cunha chamada á reflexión sobre un dos problemas de magnitude   e impacto crecentes: a soidade.

· É a soidade non procurada, a soidade que invade ó enfermo cando no seu camiño se enfronta a unha doenza , e vese obrigado a replantexar certezas, inquedanzas e proxectos.

· É a soidade dos anciáns que van experimentando perdas a nivel tanto persoal como social, e moitas veces acaban illados ou “descartados” nun mundo que pouco valora e nada aprecia o legado sabio e vivo da súa memoria.

· É a soidade dos que transitan ás beiras do camiño, os escravos das pobrezas, as  vítimas da indiferenza, e que en moitas ocasións se ven privados incluso da súa dignidade.

· É tamén esa soidade extraña de tantos que, no medio dunha sociedade hipercomunicada e aparentemente ben relacionada, experimentan as miserias do individualismo que promete triunfos onde só pode haber premios efímeros.

No medio desta realidade, propónsenos un lema que leva implícito un deber para nós os cristiáns: “Acompañar na soidade”. A todos se nos pide que, sendo conscientes da nosa fraxilidade, sexamos tamén conscientes da nosa capacidade para ser bos compañeiros de viaxe,  xenerosos e comprometidos samaritanos de amor, en prol dos feridos, cansos e angustiados.

Retomando a mensaxe do Papa para esta Xornada Mundial do Enfermo, poñemos a mirada en Xesús, que se fixo humanidade, compartindo a experiencia humana do sufrimento e da soidade, para rescatarnos a todos dos nosos padecementos, ofréndonos a saúde integral e a salvación definitiva. Nese “vide a min” setímonos todos interpelados e acollidos, porque todos somos febles e vulnerables. Nese “ angustiados e cansos” todos nos sentimos identificados, porque de calquera xeito e en tantos momentos da vida nos vemos aflixidos. Nese “ eu aliviareivos ” descubrimos o amor misericordioso de Deus que non nos deixa sós nin pasa de largo, entregándose na Persoa do seu Fillo Xesucristo que nos vai acompañar sempre, enchendo  o profundo baleiro que tantas veces experimentamos.

Diríxese o Papa a tódolos enfermos para lembrarlles a presenza sanadora de Cristo, o Bo Samaritano, na Igrexa- Comunidade que se fai casa e fogar onde se  atopa alivio, acougo , consolo e esperanza. Aos axentes sanitarios recórdalles a sacralidade da vida e a súa inviolabilidade,  apuntando de novo a obriga de que sexa acollida, tutelada, respetada e servida desde que xorde ata que remata.

Incide no aspecto máis humano e humanizador do profesional sanitario, chamando a  resituar á “persoa que padece a enfermidade” por diante da “ enfermidade que padece a persoa”,  e poñendo en valor a arte do coidado.

Non esquece tampouco a tantos irmáns enfermos que viven na pobreza, sen  posibilidade de acceder  aos tratamentos adecuados para os seus males. Cunha apelación directa aos responsables dos Gobernos e das institucións sanitarias competentes, solicita de todos o común esforzo pola xustiza social e a solidaridade.

O día 11 de febreiro, festividade da Nosa Señora de Lourdes, celebramos a Xornada Mundial do Enfermo, e iniciamos dalgunha maneira un “tempo especial” na Igrexa que rematará coa Pascua do Enfermo , no VI domingo de Pascua, o vindeiro 17 de maio. É pois un tempo no que estamos chamados a acoller e interpretar de modo especial a mensaxe  e os xestos de Xesús acercándose ós enfermos. Tempo de recoñecer e experimentar a presenza sanadora do Fillo de Deus, para levar a cabo accións concretas en favor dos irmáns que precisan da nosa axuda.

Deste xeito será especialmente importante a participación dos enfermos e das súas familias na celebración destas xornadas, e  na preparación das mesmas, e doutras que poidan ter lugar en cada comunidade segundo se dispoña, ó longo deste período. Achegar a Sagrada Comunión ós enfermos, facilitar momentos para a Adoración Eucarística e a celebración comunitaria do Sacramento da Unción, asegurarán e fortalecerán sen dúbida este tempo de gracia.

En definitiva, as diferentes celebracións poden e deberían ser oportunidades de encontro e de sanación nas que,  respostando afirmativamente á chamada de Xesús, cargando coas nosas debilidades e miserias, saibamos ser auténticos compañeiros de camiño, na procura Daquel que tan só pensa en salvarnos.

Que o Señor nos bendiga! Que a Santísima Virxe, Consoladora dos aflixidos e Saúde dos enfermos nos garde! Un abrazo fraterno.

José Luis  Fernández, delegado de Pastoral de la Salud

PD. Os materiais correspondentes a Xornada e Pascua do Enfermo (presentación, liñas fundamentais, subsidio litúrxico, carteis e estampas) así como a Mensaxe do papa Francisco están á vosa disposición na marxe desta páxina.
Grazas.

 

JORNADA MUNDIAL DEL ENFERMO 2020

Acompañar en la soledad” es el lema de la Jornada Mundial del Enfermo 2020. El departamento de Pastoral de la Salud, dentro de la Comisión Episcopal de Pastoral, ha editado los materiales para esta Campaña que en España tiene dos momentos: el 11 de febrero, festividad de Nuestra Señora de Lourdes, es el Día del Enfermo, de carácter mundial. La Iglesia en España celebra el 17 de mayo la Pascua del Enfermo.

El Dicasterio para la Promoción Humana Integral de la Persona nos propone como tema para la Jornada Mundial del Enfermo del 11 de febrero: «Venid a mí todos los que estáis cansados y agobiados, y yo os aliviaré» (Mt 11, 28).

En España, acogiendo este tema, «nos proponemos fijarnos en una de las causas de ese cansancio que piden ser aliviadas: la soledad. Con sólo echar una vista a los datos de la soledad nos damos cuenta que tiene las dimensiones de una auténtica epidemia. Según el Instituto Nacional de Estadística, se estima que en España hay 4,7 millones de hogares unipersonales. Dos millones de personas mayores de 65 años viven solas. Más de 850.00 mayores de 80 años viven solos y muchos presentan problemas de movilidad. Solo estas cifras son un dato preocupante. Si además sumamos, entre otras formas de soledad, la de quienes están ingresados en los hospitales o la de las familias con miembros con una enfermedad mental grave, por ejemplo, descubrimos lo acuciante de reflexionar para buscar el modo de aliviar tanta soledad», se explica en la presentación de los materiales.

Servicio Diocesano de Comunicación

@mondonedoferrol