A UPA Ribadeo estrea web e publicación dixital e faise presente nas redes sociais

· Autor: UPA Ribadeo

Co obxectivo de estar máis preto de todos, preséntanse a revista 'upaRibadeo', o portal www.uparibadeo.net e os perfís en Twitter, Facebook e Youtube

REVISTA DIXITAL

O número uno da publicación "upaRibadeo: publicación dixital da Unidade Pastoral de Ribadeo", que podedes descargar nesta páxina e que mesmo podedes recibir por email (uparibadeo@gmail.es) ou WhatsApp, recolle as principais notas de actualidade que refiren á unidade pastoral, á diocese e á Igrexa en xeral. A estrea da nova páxina web, a Pascua do Enfermo, o quinto aniversario da encíclica Laudato Si', a reapertura das igrexas ante o proceso de desescalada e o Plan Diocesano de Unidades Pastorais cobran especial protagonismo. Tamén, a actividade da Cáritas parroquial, que nestes tempos de pandemia e emerxencia social non deixou de traballar por quenes máis o necesitan.
 

PÁXINA WEB

A unidade pastoral de Ribadeo vén de estrear tamén o seu sitio web oficial co obxectivo de estar máis preto de todos. A súa presenza na rede informática a través do enderezo www.uparibadeo.net quere ser unha ventá aberta ás nosas parroquias, de xeito que todos poidan desde calquer parte do mundo achegarse a nó se coñecer mellor o noso dı́a a dı́a. Os cristiáns sabemos que a Igrexa naceu para comunicar, para anunciar o Evanxeo. Esta é a súa vocación e a súa razón de ser. Necesitamos compartir a nosa vida cristiá porque queremos dar razón da nosa esperanza. Este é o noso compromiso e mailo noso reto.

En concreto, diseñouse o novo espazo para que teña cabida toda a información de interese para a unidade pastoral. Divídese en cinco grandes seccións: "Novidades", coas principais notas de axenda; "Ribadeo", cunha descrición dos principais grupos parroquiais, como o de Cáritas, as confrarías de Semana Santa ou a catequese, entre outros; "Parroquias", cunha pequena referencia histórico-relixiosa de cada unha das outras seis parroquias que conforman esta unidade pastoral (Arante, Cedofeita, Cubelas, Ove, Piñeira e Vilaselán); "Comunidades", onde da conta das congregación relixiosas que se asentan no seu territorio: as Clarisas, as Fillas da Caridade e a congregación de Marta e María; e por último, "Contacto", cun preciso formulario con tódolos datos para contactar cos párrocos e remitirlles dúbidas e solicitudes.
 

REDES SOCIAIS

Nesta forte aposta pola comunicación parroquial, a presenza nas principais redes sociais facíase imprescindible. Por iso, desde a unidade pastoral se apostou tamén pola creación de perfís propios en Twitter e Facebook, e mesmo cunha canle de vídeo na plataforma Youtube. Non deixedes de visitalos!
 

Servicio Diocesano de Comunicación

@mondonedoferrol