Xustiza social para os traballadores de Alcoa San Cibrao

· Autor: El Confidencial

Comunicado dos grupos diocesanos da iniciativa "Igrexa polo Traballo Decente"

GALEGO

Tras o anuncio de despedimento de 534 traballadores e traballadoras da planta de Alcoa en San Cibrao, municipios de Cervo e Xove, e outros 300 empregos indirectos de empresas auxiliares, as organizacións diocesanas que conformamos a iniciativa Iglesia polo Traballo Decente na nosa diocese, HOAC e Cáritas, queremos solidarizarnos con todas as familias que están a ver ameazado o seu medio de vida de forma directa ou indirecta por esta decisión totalmente inxusta.

A realidade do mundo obreiro que xorde tras esta crise da COVID-19 parece manifestarse novamente coa rotura da cadea polo seu elo máis débil, o dos traballadores e traballadoras, que ven como movementos especulativos e razóns que nada teñen que ver coas leis da oferta e a demanda tiran por terra os seus proxectos de vida e a dignidade que proporciona a posibilidade de dispoñer dun traballo decente.

Se algo nos ensinou esta situación que estamos a padecer é que non podemos prescindir daqueles sectores estratéxicos que garanten o abastecemento de determinados produtos e servizos esenciais ante calquera continxencia, esixindo que por parte dos poderes públicos se dispoñan os medios para contrarrestar os fenómenos de deslocalización da produción que arrebatan do lexítimo dereito ao traballo a unha parte da humanidade, á vez que garantan procesos de mellora continua para avanzar cara a unha economía circular de alto valor engadido compatible cun adecuado coidado da creación.

Sumámonos así ás súas demandas lembrando aquelas palabras que un día expresou o papa Francisco ante unha situación similar: Unha empresa que despide para salvarse … non é unha solución. Máis que despedir, hai que acoller e facer sentir que existe unha sociedade solidaria, e solicitamos a os poderes públicos que poñan ás persoas no centro do conflito con criterios de xustiza social, para atopar a restitución da plena actividade da empresa, co rexeitamento daquelas decisións que só serven para enriquecer, aínda máis, a quen de forma permanente utilízaos como coartada.

Que o Obreiro de Nazaret vos guíe na vosa loita.

HOAC-Cáritas Mondoñedo-Ferrol

 

ESPAÑOL

Tras el anuncio del despido de 534 trabajadores y trabajadoras de la planta de Alcoa en San Cibrao, municipios de Cervo y Xove, y otros 300 empleos indirectos de empresas auxiliares, las organizaciones diocesanas que conformamos la iniciativa Iglesia por el Trabajo Decente en nuestra diócesis, HOAC y Cáritas, queremos solidarizarnos con todas las familias que están viendo amenazado su medio de vida de forma directa o indirecta por esta decisión totalmente injusta.

La realidad del mundo obrero que surge tras esta crisis de la COVID-19 parece manifestarse nuevamente con la rotura de la cadena por su eslabón más débil, el de los trabajadores y trabajadoras, que ven como movimientos especulativos y razones que nada tienen que ver con las leyes de la oferta y la demanda tiran por tierra sus proyectos de vida y la dignidad que proporciona la posibilidad de disponer de un trabajo decente.

Si algo nos enseña esta situación que estamos padeciendo es que no podemos prescindir de aquellos sectores estratégicos que garantizan el abastecimiento de determinados productos y servicios esenciales ante cualquier contingencia, exigiendo que por parte de los poder públicos se dispongan los medios para contrarrestar los fenómenos de deslocalización de la producción que arrebatan del legítimo derecho al trabajo a una parte de la humanidad, al tiempo que garanticen procesos de mejora continua para avanzar hacia una economía circular de alto valor añadido compatible con un adecuado cuidado de la creación.

Nos sumamos así a sus demandas recordando aquellas palabras que un día expresó el papa Francisco ante una situación similar: Una empresa que despide para salvarse … no es una solución. Más que despedir, hay que acoger y hacer sentir que existe una sociedad solidaria, y solicitamos a los poder públicos que pongan a las personas en el centro del conflicto con criterios de justicia social, para encontrar la restitución de la plena actividad de la empresa, con el rechazo de aquellas decisiones que solo sirven para enriquecer, aun más, a quién de forma permanente los utiliza como coartada.

Que el Obrero de Nazaret os guíe en vuestra lucha.

HOAC-Cáritas Mondoñedo-Ferrol
 

Servicio Diocesano de Comunicación

@mondonedoferrol