Encontro Diocesano de Inicio de Curso

Cartel oficial do Encontro de Inicio de Curso · Autor: Maribel Loureiro

Sábado 28 de outubro, cunha xuntanza de tódolos que formamos a nosa diocese

Benquerido/a amigo/a:
 
  Poñémonos en contacto contigo para convocarte, no nome do noso bispo diocesano, Mons. Luis Ángel de las Heras, ao Encontro Diocesano de Inicio de Curso. Será no Seminario de Mondoñedo, o vindeiro día 28 de outubro, sábado, coa seguinte orde do día:

· 10.00 h. Acollida
· 10.30 h. Oración inicial
· 10.50 h. Presentación do novo organigrama diocesano e do novo Plan Pastoral Diocesano, a cargo do bispo diocesano
· 11.30 h. Café – descanso
· 12.00 h.  Presentación das novas delegacións diocesanas
· 12.40 h. Descanso
· 13.00 h. Eucaristía do envío na Catedral
· 14.00 h. Xantar (que temos que traer para compartir)

Pregámosche animes todo o que poidas á xente da túa parroquia, unidade pastoral, comunidade ou grupo; queremos que sexa un gran encontro de toda a familia diocesana que, xuntos, inicia unha nova andaina neste curso 2017-18.

Por cuestión de organización no Seminario, sería conveniente que en torno ao día 25, soubéramos cánta xente vai vir; podes avisar chamando á Domus Ecclesiae de Ferrol (981 35 32 95 ou 981 35 32 00) preguntando por Carlos Alonso, ou mandando un correo electrónico a este enderezo: mcs@mondonedoferrol.org.

Máis nada, esperando atoparnos no Encontro diocesano, recibe un cordial saúdo.

Gonzalo Varela Alvariño
Antonio Valín Valdés