|

En relación coas noticias aparecidas
nos medios de comunicación sobre a decisión do Concello de Ferrol de non permitir actos políticos (excepto en
tempo de
eleccións), sindicais e relixiosos no Teatro Xofre e a postura da
Coordinadora de Confrarías, o bispo da diocese de Mondoñedo-Ferrol,
Mons. Manuel Sánchez Monge fai as seguintes declaracións:
1. Recoñezo e
agradezo públicamente o traballo ben feito pola Coordinadora de
Confrarías de Ferrol.
2. En concreto,
a dedicación en corpo e alma á Semana Santa ferrolá da súa presidenta Dña.
María del Carmen Arcos. Todos debemos agradecerlle o seu traballo.
3. En canto á decisión da actual Corporación municipal de non permitir actos
políticos (excepto en tempo de eleccións), sindicais e relixiosos no
Teatro Xofre, acatamos tanto a Coordinadora de Confrarías coma eu mesmo a
decisión que tomou e trataremos de atopar un lugar axeitado para o
Pregón da Semana Santa que é no que a nós nos afecta. Unha decisión como
ésta é evidente que non pode enchernos de ledicia, pero tampouco cremos que teña que supor un enfrentamento entre
o Concello e as Confrarías da Semana Santa.
4. Esperamos
que o Concello organice o gran concerto de música sacra que anunciou e actualice
a súa achega para que a Semana Santa ferrolá
adquira, ademáis dun maior fervor relixioso, un maior valor cultural e
social.
Ferrol, a 29 de outubro de 2007
+ Manuel Sánchez Monge, Bispo de Mondoñedo-Ferrol |