Nota de condolencia ante a morte da xoven Tatiana Vázquez Abuín

O Concello de Castro de Rei decretou tres días de loito oficial

Era natural da parroquia de Santa María de Duancos, no concello de Castro de Rei

Benquerida familia, veciños, amigos e Sr. Cura párroco de Duancos:

Quero expresarlles, a través deste comunicado, o meu máis sentido pésame e o de toda a comunidade desta Igrexa diocesana de Mondoñedo-Ferrol, pola morte de Tatiana Vázquez Abuín, en circunstancias tan lamentables.

Tamén queremos manifestar o noso rexeitamento a esta clase de violencia, por desgraza tan repetida, na nosa sociedade. Confiamos en que se faga xustiza canto máis antes por parte das autoridades civís e xudiciais.

Cando a morte nos sorprende nestas circunstancias tan dramáticas, non temos palabras para expresar a nosa impotencia ante unha desgraza como esta que conmocionou á familia, ós amigos e á sociedade en xeral.

Só nos queda confiar na misericordia infinita de Deus e no seu amor de Pai que, a pesar da morte, nos chama á vida definitiva no seu fillo Xesucristo, vencedor da morte e resucitado para sempre. Esta é a nosa esperanza e a nosa oración nestes momentos, coa que vos acompañamos a todos, especialmente á familia de Tatiana.

Descanse na paz do Señor.

Antonio Rodríguez Basanta
Administrador diocesano de Mondoñedo-Ferrol