Nombramientos diocesanos

Benquerido amigo e compañeiro sacerdote:

Desexo que te encontres ben e que nestes días de verán teñas a oportunidade de alixeirar o teu ritmo de traballo.

O motivo desta carta e comunicarche para o teu coñecemento que o Sr. Bispo, con data 10 de agosto, vén de realizar os seguintes NOMEAMENTOS:

D. Oscar Santiago Sanmartín, Formador e Profesor do Seminario Menor Diocesano “Santa Catalina” de Mondoñedo.

D. Cristóbal Rivas Díaz, membro do Equipo Sacerdotal da Unidade Pastoral de Abadín, Vilalba e Xermade.

D. José Boullosa Canda, adscrito ao Equipo sacerdotal de Abadin, Vilalba e Xermade.

D. Xosé Anxo Fernández López, membro do Equipo Sacerdotal de Santa María do Mar de Cedeira.

D. Javier De Rosende Roca, diácono, membro do Equipo Sacerdotal da Unidade Pastoral de As Pontes.

O Equipo sacerdotal de Valdoviño, D. Manuel Grandal Gómez e D. Juan Antonio Vergara Fraguas, asumen a atención pastoral de San Xoán dos Casás.

O Equipo sacerdotal da Unidade Pastoral de As Pontes, D. Xoán Xosé Fernández Fernández, D. José Vega Pérez e D. Javier De Rosende Roca, asumen a atención pastoral de Santiago Seré das Somozas, Santa María de Recemel, Santa María de Seixas e San Xoán de Insua.

D. Cándido Otero López, Párroco de Santo Estevo de Sumoas e Santa Eulalia de Lago.

D. José Vega Pérez, Delegado diocesano do Clero.

Dª María Jesús Prieto Teijeiro, Delegada diocesana de Laicos, D. Jesús Álvarez Piñón, Consiliario, e Dª María Teresa Ramírez Castro, Vicedelegada.

D. Félix Villares Mouteira, Director de Arquivo diocesano.  


· CESES

D. Oscar Santiago Sanmartín, como membro do Equipo Sacerdotal de Santa María do Mar de Cedeira.

D. Cristóbal Rivas Díaz, como Formador e Profesor do Seminario Menor Diocesano “Santa Catalina” de Mondoñedo.

D. Xosé Anxo Fernández López, como Párroco de Santiago Seré das Somozas e Administrador parroquial Santa María de Recemel, Santa María de Seixas, San Xoán dos Casás e San Xoán de Insua.

D. Manuel López Reigosa, como Administrador Parroquial de Santo Estevo de Sumoas e Santa Eulalia de Lago.

D. Uxío García Amor, como Delegado diocesano do Clero.

D. Alfonso Gil Montalbo, como Delegado diocesano de Laicos.

D. José María Fernández Fernández, como Arquiveiro diocesano.

D. José Boullosa Canda, cesa como membro Equipo sacerdotal de Abadin, Vilalba e Xermade.


Sen máis polo de agora, recibe unha fraternal aperta.

Antonio Rodríguez Basanta
Vicario Xeral