Antonio Rodríguez Lodos, unha vida de entrega aos demáis

Eucaristía de acción de gracias en Santo Tomé de Lourenzá

Os fregueses das parroquias de Santa María Maior, Santo Adrao, San Xurxo e San Tomé homenaxearon ao crego Don Antonio Rodríguez Lodos

O pasado domingo 1 de marzo reuniuse a veciñanza das parroquias de Santa María Maior (Mondoñedo) e Santo Adrao, San Xorxe e San Tomé (Lourenzá) para renderlle unha merecida homenaxe ao que foi o seu crego durante 50 anos, Don Antonio Rodríguez Lodos.

A homenaxe, na que participaron máis de 300 persoas, consistiu nunha misa na igrexa de San Tomé seguida dun xantar de confraternidade. Nas diversas intervencións que se realizaron ao remate, agradecéuselle ao crego a exemplar labor pastoral realizada ao longo destes anos e expresouse o cariño xeneralizado dos seus fregueses. Ademais, fíxoselle entrega dunha placa co seguinte texto: “En recoñecemento a Don Antonio Rodríguez Lodos, por toda unha vida adicada aos
demais
”.

Don Antonio, á súa vez, expresou o seu agradecemento, fortemente emocionado, sen esquecer mencionar o apoio e cariño recibido durante todos estes anos por todos os veciños e as veciñas.

(Nota da comisión organizadora)