A Vilalba máis solidaria pon en marcha unha nova Operación 'Quilo'

A campaña de Nadal promovida pola parroquia de santa María recolle alimentos nas principais tendas e supermercados de Vilalba

No 2013 beneficiáronse desta iniciativa 80 familias da vila

Un ano máis o equipo de Cáritas Parroquial de Vilalba está organizando a tradicional campaña de Nadal co lema 'Operación Quilo'. Trátase de recoller na stendas e comercios de Vilalba os alimentos e productos que a xente vaia deixando nas caixas alí dispostas para este fin.

Tamén se agradecen as donacións que os propios comercios queiran ofrecer xenerosamente. Nestes días os membos de Cáritas van repartindo as caixas e carteis da 'Operación Quilo' polos comercios e supermercados que as acepten.

A entrega dos productos recollidos farase os días 18 e 19 de decembro nos locais da Casa parroquial.

Un Nadal máis solidario é o mellor Nadal que podemos desexar e ofrecer.

Parroquia de Vilalba