Mons. Sánchez Monge encabezará a XXX Peregrinación Diocesana a Lourdes

FOTO OFICIAL - XXVIII Peregrinación a Lourdes, 2011

A diocese fleta dous autobuses que partirán de Ferrol o día 30, pasando por Viveiro, Vilalba e Ribadeo

A Fraternidade de Enfermos "Nosa Señora de Lourdes" da diocese de Mondoñedo-Ferrol vai peregrinar, con cento vinte e cinco persoas, ó santuario da Virxe de Lourdes, sito no país veciño de Francia. Os peregrinos irán acompañados polo bispo da Diocese, monseñor Sánchez Monge.

O trinta de xuño, luns, a primeiras horas da mañá, sairán dous autobuses de Ferrol: un por Viveiro e outro por Vilalba para xuntárense en Ribadeo e seguir o camiño cara a Lourdes a onde pensan chegar á noitiña.

O martes, día un de xullo, xa en Lourdes, terá lugar a presentación do grupo e a foto de familia. Os peregrinos participarán na Celebración Penitencial e na Eucaristía e, ás nove da noite, na Procesión dos Fachos.

O día dous de xullo, asistirán a unha eucaristía internacional, en varias linguas, na Capela de San Pío X, e na procesión co Santísimo Sacramento.

O xoves, día tres, participarán na misa na Gruta das Aparicións. Despois os que queiran poderán bañarse nas piscinas. A tarde terana libre.

E o venres, día catro, regresarán a Galicia, estando prevista a chegada a Ferrol entre nove e media e dez da noite.