O colectivo "Campamento Diocesano" convoca a IX Xuntanza de Inverno

Unha xornada de convivencia na que participarán os nenos e nenas do campamento de verán e a súas familias e amigos

¡Hola amig@s! ¿Que tal vai o curso? Agardamos que moi ben.

Poñémonos en contacto con vós para convidarvos a pasar un día con toda a xente do campamento e as súas familias, como vimos facendo durante os últimos nove anos. Os datos desta IX Xuntanza de Inverno (29 de marzo de 2014) tédelos a continuación:

DATA: 29 de marzo
LUGAR: Ferreira do Valadouro. Colexio Nosa Señora dos Remedios, Comunidade de Fillas da Virxe das Dores. Avda da Costa nº2; 27770 Ferreira do Valadouro, Lugo.
HORA: 11h. (remataremos en torno ás 18h.).
INFORMACIÓN: 690 039 250 (16h.-21h.) ou campadiocesano@hotmail.com
INSCRIPCIÓNS: Por correo electrónico: campadiocesano@hotmail.com; por correo ordinario a: Apartado de Correos 34. 27780 Foz, Lugo.

A xuntanza será organizada polos membros do Colectivo "Campamento Diocesano" e nela poderán participar todos os acampados e as persoas que eles inviten (amigos e familia). Haberá actividades tanto para os nenos como para os maiores, así que é moi importante que nos comuniquedes cantas persoas ides vir. Deberedes facelo antes do 21 de marzo enviando a ficha que aparece nesta carta a algún dos enderezos (postal ou electrónico) que aparecen arriba.

En canto á comida, faremos un fondo común para pagala, ao que aportaremos uns 10 € cada un. Coma sempre os noso prezo está o máis axustado posible, pero lembrade que non queremos que o diñeiro sexa a causa de que ninguén deixe de vir ese día.

Finalmente, só aconsellarvos que traiades roupa cómoda, para poder participar mellor nas actividades.

Esperamos vervos en Ferreira do Valadouro o día 29 de marzo!!! SAÚDOS.

COLECTIVO "CAMPAMENTO DIOCESANO"