A situación de crise en Ferrolterra e a resposta da Igrexa, a debate no fórum "Aula Aberta"

GONZALO FOLGUEIRA, arcipreste de Ferrol

O arciprestado de Ferrol presenta un novo ciclo de conferencias

O arciprestado de Ferrol, no marco das iniciativas da súa Aula Aberta, organiza na cidade un ciclo de conferencias baseado na repercusión que a forte e prolongada crise económica está a ter na comarca de Ferrolterra.

Cunha cotas de paro moi por enriba da media da comunidade autónoma e que a sitúan como a cidade galega con maior número de parados, cun 33,3% da poboación activa, superando incluso á de ocupación, 32,3%, o panorama móstrase moi pouco alentador e non invita á esperanza.

O sufrimento e padecementos das familias fan que a presenza e o traballo das Cáritas parroquiais, arciprestais e diocesana sexa ó seu único punto de apoio nestes momentos, principalmente para poder facer fronte ás necesidades máis básicas, como a alimentación (a parroquia de Santa María de Caranza axuda diariamente a máis de 175 familias), a escolarización dos nenos ou pago das facturas da electricidade e aluguer, etc. E mesmo no empleo e na atención aos maiores, ámbitos nos que Cáritas Diocesana desenvolve varios programas anuais de sensibilización.


GONZALO FOLGUEIRA, arcipreste de Ferrol
"Queremos dar aliento a las familias más necesitadas"

Este é o marco no que o arciprestado pousa a seu obxetivo nesta edición do coñecido ciclo de ponencias.


1ª Conferencia
Mércores 29 de xaneiro, 20h.
Ponente: D. Xosé Leira López, profesor titular de Socioloxía na Universidade da Coruña.
Título: Ferrolterra. Claves e interrogantes.

Mesa redonda
Mércores 5 de febreiro, 20h.
Ponentes: Dna. Rosa Martínez, concelleira de Servizos Sociais do Concello de Ferrol; D. Roberto Calvo, traballador de Navantia e delegado no comité de empresa; Dna. Belén Ferrer, ama de casa (¿Como afecta a crise a unha familia?); e Dna. María Jesús Casas, voluntaria de Cáritas na Unidade Pastoral do Ensanche.

2ª Conferencia
Mércores 12 de febreiro, 20h.
Ponente: D. Víctor Renes, Fundación Foessa e voluntario de Cáritas Española.
Título: Lectura da crise dende a Doutrina Social da Igrexa.

3ª Conferencia
Xoves 13 de febreiro, 20h.
Ponente: D. Víctor Renes, Fundación Foessa e voluntario de Cáritas Española.
Título: Algunha claves para unha guía na resposta ante a crise.


Lugar: Sé da Fundación NovaGalicia Banco de Ferrol (Cantón de Molíns, s/n).
Entrada libre.