Las parroquias de A Mariña se unen en recuerdo de las víctimas de Cervo

El templo de Santa María de Lieiro acogerá hoy viernes una vigilia de oración que reunirá a grupos parroquiales llegados de toda la diócesis

Comunicado de la Unidad Pastoral de Cervo

Hoy viernes 17, a las 21:30h., en la iglesia parroquial de Santa María de Lieiro-San Cirprián celebraremos una vigilia de oración por la verdad, la justicia y el perdón. Queremos dar un paso más en estos momentos. Realmente lo necesitamos. Nos uniremos todas las parroquias de la comarca de A Mariña y de otras zonas de la diócesis. Juntos podemos ser portadores de la luz que Cristo nos da en estos momentos. Ven, y si conoces a alguien al que le vaya a venir bien acudir, invítalo.
 

Homilía en el funeral por las víctimas

Estamos a vivir un momento moi triste. Sentímonos impactados e desolados por esta desgracia familiar que nos afecta a todos: á propia familia, á parroquia de Cervo, a tantos veciños, amigos e amigas de María José e a súa nai, Adela.

Tamén lles afecta fondamente ás comunidades educativas de Valadouro e Alfoz, á  delegación de Ensino e de Xuventude da diocese, á Unidade Pastoral de Cervo e ao seu párroco Jesús, e a outros sacerdotes de cerca ou que pasaron por estas parroquias…  A tantos que coñecimos e tratamos a esta familia.

Non temos palabras para expresar o que sentimos, e menos para animar a superar este momento dan difícil e doloroso. Só nos queda o silencio, a presencia, a emoción contida, o recordo cariñoso e a oración sentida, que son o mellor que podemos e sabemos ofrecer neste momento.

Se estamos aquí é porque non queremos que nos venza a resignación. A vida, por desgracia, está salpicada por estas batallas perdidas, resultado dunha violencia irracional, pero no fondo sabemos que no traballo do día a día, na convivencia solidaria, na axuda mutua, na esperanza dun futuro máis humano e solidario será posible unha vida tranquila e en paz.

Amigos e amigas, temos que seguir, aínda que se nos parta o corazón. Para os crentes, a pesar das desgracias, a vida non é un absurdo con un final fatal. Para os cristiáns a vida, aínda que moitas veces sexa dura e aparentemente sen saída, ten sentido. Pase o que nos pase, Deus non nos abandona: nin aos que aínda peregrinamos neste mundo nin aos que se foron.

O Deus no que cremos é o Deus da vida, do perdón, da misericordia e do amor. Él está máis aló dos nosos erros e fracasos. Él, a pesar de todo, é a nosa esperanza porque a patria definitiva e a vida plena e feliz que tanto buscamos e necesitamos, nola ofrece xa nesta vida: nas cousas pequenas, nos xestos amigables, nos amigos que nos queren, nas persoas como Adela e María José…; e tamén máis aló desta vida: nese Reino de paz, de fraternidade e de amor, onde xa non haberá lugar para ningunha desgracia nin dor.

Nesta eucaristía dámoslle gracias a Deus por ter coñecido e tratado a Adela e a María José, por tantas cousas boas que nos aportaron, ao tempo que lle pedimos que estas mulleres, nai e filla, participen plenamente no misterio da resurrección e da vida definitiva con Xesucristo resucitado, vencedor do mal, do pecado e da morte.

Descansen na paz do Señor.

Antonio Rodríguez Basanta, vicario xeral de Mondoñedo-Ferrol


Rom 8, 31-35. 37.39 (5)
Sal 22: “El Señor es mi pastor” (1)
Jn 6, 37-40 (12)