Diocese e Deputación colaboran na restauración de oito igrexas

Visita del Conselleiro de Cultura a la Catedral (2015) · Autor: La Voz de Galicia

Candia, Labrada, Vián, Vilaodriz, Cubelas, Moucide, Galdo e Momán

A diocese de Mondoñedo-Ferrol e a Deputación Provincial de Lugo veñen de asinar un convenio para levar adiante obras de restauración en varias igrexas e capelas da diocese.

O importe total do Convenio ascende a 163.246,26 euros dos que a Deputación Provincial vai aportar 130.597,01 euros (o 75%) e a diocese, 32.649,26 (o 25%).

Vaise actuar nas seguintes igrexas e capelas: igrexa parroquial de San Pedro de Candia (Abadín), Santa María de Labrada (Guitiriz), Santa María de Vián (A Pastoriza), Santiago de Vilaodriz (A Pontenova), San Vicenzo de Cubelas (Ribadeo), Santo Estevo de Moucide (O Valadouro), Santa María de Galdo (Viveiro) e na capela de San Antón de Momán (Xermade).

As obras deben estar rematadas antes de fin de ano.