Xosé Manuel Carballo recibiu o agarimo dos lucenses na presentación do seu libro homenaxe

Presentación oficial na Galería Sargadelos de Lugo · Autor: Diocese de Lugo

No acto interviron Xulio Xiz, Alfonso Blanco e Xesús Mato, nunha Galería Sargadelos totalmente ateigada

O 4 de xuño presentouse en Lugo o libro homenaxe a Xosé Manuel Carballo, acto no que interviron desde a mesa presidencial Xulio Xiz (para quen o xefe supremo, o Bo Xesús, deulle a Carballo unha boa capacidade de comunicación), Alfonso Blanco (que exemplificou no padre Carballo a  necesidade que hai hoxe dunha palabra non manipulada) e Xesús Mato, a quen calificou X. M. Carballo como o seu tío.

Tamén interviñeron o gaiteiro Fran Cupeiro e os Valuros, e unha das pezas que tocaron foi a “Carballesa de Xosé Manuel Carballo”, tema musical que comeza cun pasodobre, segue cunha alborada e remata cunha muiñeira.

Unha das frases que Xosé Manuel Carballo repetíu no acto foi “pola unión hai salvación”, que mesmo ilustrou cun dos seus xogos de maxia.

Por último, dicir que había tanto público que non só ocupaba totalmente a sala onde tivo lugar o acto, senón dependencias adxacentes. Polo seu novo destino episcopal non puido estar Mons. Sánchez Monge, pero Xulio Xiz deu a coñecer a adhesión do prelado ao acto.

Crónica: Diocese de Lugo-Servizo de Comunicación