Presidencia da Xunta de Galicia resolve as Distincións ao Mérito Deportivo de Galicia 2015

O presidente da Xunta na entrega das Distincións ao Mérito Deportivo de Galicia 2014 · Autor: Xoán Crespo

Nesta edición, concederanse 32 galardóns, tres deles a título póstumo, nun acto que terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o vindeiro xoves día 9 de xullo

O colexio focense 'Martínez Otero', no ano de seu 75º aniversario, veu recoñecida a súa traxectoria no fomento e promoción do deporte nas aulas

A Presidencia da Xunta de Galicia vén de conceder as Distincións ao Mérito Deportivo de Galicia 2015 a 29 persoas e 3 institucións entre as que se atopan o equipo feminino de baloncesto Medina S.F., o club Atletismo Comesaña e o Colexio Martínez Otero, nunha resolución que será publicada en próximas datas no Diario Oficial de Galicia. O xurado cualificador que concedeu os galardóns estivo conformado por representantes do tecido deportivo, dos medios de comunicación e da secretaría xeral para o Deporte.

Creadas no 2010, as Distincións ao Mérito Deportivo de Galicia son concedidas de forma anual en recoñecemento do labor ou traxectoria notoria e exemplar no ámbito deportivo a persoas físicas ou xurídicas, entidades ou organismos, que teñen contribuído ao crecemento, promoción, fomento e excelencia do deporte e da educación física da Comunidade Autónoma.

O acto de entrega das Distincións 2015 estará presidido polo titular do goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, nun acto solemne que se celebrará no Auditorio Municipal de Vilalba o vindeiro xoves día 9 de xullo, e que contará coa asistencia dos galardoados, os seus familiares e achegados, e representantes do mundo do deporte galego.

Distincións ao Mérito Deportivo de Galicia 2015:

- Pablo Beiro Diz, a título póstumo
- Jorge Benito Chao López, a título póstumo
- Óscar Burrieza López
- Óscar Cacheiro Rocha
- Rafael Cid Navarro
- Colexio Martínez Otero
- Comesaña Sporting Club
- Juan Carlos Costas Rosés
- Gerardo Dios Vidal
- Lee Dong Kyu
- Benigno Fernández Alonso
- Festa HQR!
- Mª Teresa Franco Martínez
- Manuel García Valiñas
- Rosa Mª Gómez Llamas
- Victorino González Enríquez
- Simón González Salgado
- Fco. Javier González Vázquez, a título póstumo
- Medina S.F.
- Emilia Mesa Soriano
- Ángeles Moinelo Allegue
- Manuel Montero Vidal
- Roberto Naveira Figueiras
- Manuel Pazos González
- Inmaculada Pazos Sánchez-Rubio
- Javier Pazos Sánchez-Rubio
- Pedro Miguel Piñeiro Lago
- José Luis Sala García
- Alfredo Sánchez Carro
- Raimundo Sendino Ortega
- Manuel Valcárcel Lastra
- David Vidal Gómez
- Ángel Villar Varela
 

FUENTE: www.xunta.es