O cardeal Rouco presidirá en Mondoñedo a ofrenda á Virxe dos Remedios

Salida de la imagen de la patrona de la diócesis (2013) · Autor: mondonedo.net

Do 4 ao 12 de setembro o santuario diocesano acolle un solemne novenario no que predicarán sacerdotes de Ferrol, Ribadeo e Santiago

O arciprestado de Mondoñedo convoca un Xubileo Teresiano co gallo do V centenario do nacemento da santa abulense

O día vindeiro domingo trece de setembro celébrase a festa de Nosa Señora dos Remedios, patrona da diocese de Mondoñedo-Ferrol. O seu santuario de Mondoñedo vai acoller a celebración da solemne Eucaristía na que o alcalde do Concello de Vilalba fará a tradicional ofrenda. Como é ben sabido, cada ano fai ofrenda a Nosa Señora dos Remedios o alcalde ou representante dun dos concellos dos antigos Partidos Xudiciais da diocese. Ata o santuario mindoniense acoden centos romeiros de toda a Mariña, da Terrá Chá e mesmo doutras comarcas.

Misas: Mañá, 9, 10, 11 e 13 horas / Tarde, 18 e 20 horas.

Misa Solemne Pontifical: 12 horas. Presirá o cardenal arzobispo emérito de Madrid, Emmo. e Rvdmo. Dr. D. Antonio María Rouco Varela. A continuación, procesión coa venerada imaxe.
 

Solemne Novenario

Desde o vernes 4 ao sábado 12 de setembro.

Predicadores: Rvdo. Carlos Miranda Trevín (párroco de Ribadeo), Rvdo. Alfonso Gil Montalbo (párroco de Ferrol), Rvdo e José María Pintos Recarey (párroco de Santiago de Compsotela).

Horarios: Mañás, 9 horas / Tardes: 19:30 horas.

Descarga o cartel dende o enlace da columna da dereita.
 

Xubileo Teresiano

Organiza: Arciprestado de Mondoñedo.

Horario: 11 horas, celebración penitencial no Santuario da Nosa Señora dos Remedios de Mondoñedo. A continuación, Eucaristía na SI Catedral Basílica. Ademáis: percorrido guiado polo Santuario dos Remedios (charla con diapositivas a cargo do Rvdo. D. Pedro Díaz), Alcántara, mosteiro das NN. Concepcionistas e Real Seminario. 

Descarga o cartel oficial dende o enlace da columna da dereita.