Os profesores de Relixión, ante os retos actuais da ensinanza

II Congreso Diocesano de Educadores Católicos (Ferrol, 2014) · Autor: Pilar Lourido

Sábado 17 de outubro no colexio La Salle de Santiago de Compostela

Os docentes analizarán en Santiago o tempo académico marcado pola implantación da LOMCE

O día 17 de outubro, sábado, os bispos de Galicia, os vicarios e delegados de Ensino de Galicia e a sección de Formación do ITC teñen programado un congreso de profesores de Relixión que levará por título 'Retos actuais da Ensinanza Relixiosa Escolar'. Terá unha duración de 8 horas e levarase adiante no colexio La Salle de Santiago.

Será un congreso ofertado para todos os profesores de Relixión de Galicia. Así o quixeron expresamente os bispos de Galicia e tamén os vicarios e delegados de Ensino das dioceses galegas.

Neste congreso tratarmos de var cales son os novos retos da Ensinanza Relixiosa Escolar, nun tempo académico marcado pola implantación da LOMCE.

Os ponentes serán dosu expertos na súa materia, quenes tratarán de facernos ver e comprender os novos tempos nos que temos que desenvolver o noso labor docente. Por unha banda estará con nós D. Avelino Revilla Cuñado, vicario xeral da arquidiocese de Madrid, para falarnos tanto da situación sociocultural actual como da vocación, a identidade e a misión do docente de Relixión. Por otra banda, contaremos tamén coa presenza de Dna. María Eugenia García Sierra, doutora en Filosofía e Ciencias da Educación e licenciada en Ciencias Relixiosas, quen abordará o tema da ensinanza relixiosa vista como unha esperanza para o futuro.

Horario: Sábado 17 de outubro de 2015, de 8:30 a 20:15 horas, segundo segue:
08:30h.- Acollida dos asistentes.
09:15h.- Presentación oficial do Congreso.
09:30h.- Relatorio: 'A situación sociocultural actual e a ensinanza relixiosa'.
11:30h.- Descanso e café.
12:00h.- Relatorio: 'A ensinanza relixiosa, unha esperanz apara o futuro'.
14:00h.- Xantar.
16:00h.- Relatorio: 'O profesor de relixión católica: vocación, identidade e misión'.
18:00h.- Descanso.
18:15h.- Presentacións: Presentación de materiais curriculares actualizados á LOMCE.
19:15h.- Avaliación.
20:15h.- Fin da xornada.

Localización e lugar onde se levará a cabo a actividade
Colexio La Salle, Praza San Xoán bautista La Salle, 1, 15704, Santiago de Compostela (A Coruña).

Inscrición
Enviar un email a capeans@edu.xunta.es indicando obrigatoriamente: título da actividades, datos persoais e datos profesionais. Todos os correos recibidos serán contestados validando dita inscrición.

Valoración en horas de formación
Fase formativa: 7 horas / Fase de avaliación: 1 hora.

Matrícula
Prezo: 12 euros, a ingresar na conta ES27 2080 0379 1730 4000 2773 (ABANCA)

Criterios de selección
Por orde de anotación ata cubrir o número de prazas (800).