A diocese de Mondoñedo-Ferrol, disposta a acoller aos refuxiados

Nota de prensa do Servizo Diocesano de Comunicación

“Cada vez que o fixestes cun destes irmáns meus máis pequenos, fixéstelo comigo” (Evanxeo segundo Mateo, 25, 41)

Versión en galego

Ante a situación tan dramática dos refuxiados e emigrantes que foxen da guerra, da violencia, da fame e da miseria, e que chaman desesperadamente ás portas de Europa, como cidadáns e como cristiáns non podemos permanecer indiferentes.

O estranxeiro que emigra ou que fuxe non pode ser considerado como un estrano e menos como un adversario ou inimigo. É ante todo unha persoa e, nestes casos extremos, unha persoa necesitada e angustiada; e para nós, os cristiáns, un irmán que reclama o noso achegamento e solidariedade.

O papa Francisco pediunos responder con misericordia a esta chamada, advertindo “que a globalización da indiferenza non acabe por secar as nosas bágoas”. E mesmo nos chegou a dicir “que cada parroquia, que cada comunidade relixiosa, cada mosteiro, cada santuario de Europa acolla a unha familia”.

Desde a nosa diocese de Mondoñedo-Ferrol queremos secundar esta chamada e unirnos, dentro das nosas posibilidades, ás iniciativas da Igrexa en Galicia e en España que, a través da Conferencia Episcopal, Cáritas, Confer e outras institucións e asociacións, están dispostas a acoller e integrar ós refuxiados.

Cando desde as autoridades estatais, que son as que teñen a obriga de acoller e integrar humanitaria e legalmente ós refuxiados e emigrantes, nolo pidan, estaremos dispostos como Igrexa a por á súa disposición os nosos medios, entre outros, utilizando as vivendas desocupadas que teñan condicións para esta acollida, como xa se fixo tantas veces e se está a facer en casos similares.

 

Versión en castellano

Ante la situación tan dramática de los refugiados y emigrantes que huyen de la guerra, de la violencia, del hambre y de la miseria, y que llaman desesperadamente a las puertas de Europa, como ciudadanos y como cristianos no podemos permanecer indiferentes.

El extranjero que emigra o que huye no puede ser considerado como un extraño y menos como un adversario o enemigo. Es ante todo una persona y, en estos casos extremos, una persona necesitada y agobiada, y, para nosotros los cristianos, un hermano que reclama nuestro acercamiento y solidaridad.

El papa Francisco nos pidió responder con compasión a esta llamada, advirtiendo “que la globalización de la indiferencia no acabe por secar nuestras lágrimas”. E incluso nos llegó a decir “que cada parroquia, que cada comunidad religiosa, cada convento, cada santuario de Europa acoja a una familia”.

Desde nuestra diócesis de Mondoñedo-Ferrol queremos secundar esta llamada y unirnos, dentro de nuestras posibilidades, a las iniciativas de la Iglesia en Galicia y en España, que a través de la Conferencia Episcopal, Cáritas, Confer y otras instituciones y asociaciones están dispuestas a acoger e integrar a los refugiados.

Cuando desde las autoridades estatales, que son las que tienen el deber de acoger e integrar humanitaria y legalmente a los refugiados y emigrantes, nos lo pidan, estaremos dispuestos como Iglesia a poner a su disposición nuestros medios, entre otros, utilizando las viviendas desocupadas que tengan condiciones para esta acogida, como ya se hizo tantas veces y se está a haciendo en casos similares.