Enrique Cal Pardo, historia viva da nosa diocese

Enrique Cal Pardo · Autor: Pepa Losada

O Prelado de Honra, deán da Catedral e destacado medievalista, faleceu en Burela aos 93 anos

Mons. De las Heras en Twitter: "DEP D. Enrique Cal contemplando el rostro misericordioso del Padre. Me sumo a la gratitud por su entrega sacerdotal"

Mons. Enrique Cal Pardo faleceu este mediodía no Hospital da Costa de Burela. O funeral terá lugar mañá venres 29 de abril na Santa Igrexa Catedral Basílica de Mondoñedo; a saída está programada para as 17 horas dende o Real Seminario. A continuación, xa na seo, oficiarse a cerimonia presidida polo administrador diocesano, D. Antonio Rodríguez Basanta, e posterior inhumación no claustro.


 

COMUNICADO OFICIAL DO CONCELLO DE MONDOÑEDO

O Concello de Mondoñedo lamenta o falecemento de D. Enrique Cal Pardo, fillo adoptivo da cidade.

Mondoñedo, 28 de abril de 2016.- O Concello de Mondoñedo lamenta o falecemento do sacerdote e historiador D. Enrique Cal Pardo, fillo adoptivo da localidade e trasládalle as condolencias á súa familia e amigos.

A alcaldesa, Elena Candia, quere trasladar en nome de toda a Corporación municipal as “máis sentidas condolencias” polo falecemento dunha persoa que se converteu na “voz da historia de Mondoñedo” ao que agradecen o seu “importante traballo cultural e literario e a súa encomiable achega sobre a nosa Catedral”.

Ademais de sacerdote e investigador, cunha intensa traxectoria intelectual, sacerdotal e persoal, “á que tanto lle debemos os mindonienses”, a rexedora tamén quixo subliñar o carácter amable e voluntarioso dunha persoa profundamente comprometida coa localidade, “cidade á que dedicou a súa vida, axudándonos a coñecer mellor a nosa terra” e do que hoxe “nos sentimos profundamente orgullosos”.

O seu perfil deixa de manifesto a súa vinculación con Mondoñedo, o que levou á Corporación local a aprobar o seu nomeamento como Fillo Adoptivo da localidade, en recoñecemento ao seu coñecemento da historia e a súa inmensa labor no arquivo Catedralicio.
 

Homenaxe público - novembro de 2015

D. Enrique recibira fai unhos meses en Mondoñedo un recoñecemento público pola súa traxectoria vital:

"Considerando que o traballo histórico divulgativo realizado por D. Enrique Cal Pardo contribue eficazmente á democratización da cultura e abre camiños de convivencia en igualdade na procura dun mundo máis xusto, a Comisión Organizadora, constituída por dinamizadores culturais, coa colaboración da Excma. Deputación Provincial de Lugo, da Corporación Municipal de Mondoñedo e outros colectivos e persoas, entenderon que tanto esforzo e altruismo ao servizo da comunidade debería serlle recoñecido na plenitude da súa vida e, con tal fin, convocan e convidan a todos cantos así o entendan ao acto de agradecemento programado para o vindeiro día 7 de novembro, véspera do seu noventa e tres aniversario, a celebrar no Seminario Santa Catarina de Mondoñedo a partires das once e media da mañá coa orde seguinte...".
 

Reseña biográfica

(galegos.galiciadigital.com)

Galdo-Viveiro, 1922- Burela, 2016

Profesor de Teología en el Seminario Mayor de Mondoñedo (Lugo) entre los años 1946-1967. Profesor de Teología en el Instituto Teológico Compostelano (Santiago) entre los años 1970 y 1992. Formador del Seminario de Mondoñedo (1946-1954). Rector del Seminario de Mondoñedo (1956-1958). Canónigo Archivero de la Catedral de Mondoñedo desde 1953. Deán de la Catedral de Mondoñedo desde 1979. Pro-Canciller del obispado de Mondoñedo entre los años 1958-1966. Director Diocesano del Apostolado de la Oración (1958-1967).

Ha publicado los siguientes libros: El Monasterio de la Isla de la Colleira, Madrid, 1983; El Monasterio de S. Salvador de Pedroso, A Coruña, 1984; Synodicon Hispanum. I. Galicia (Constituciones Sinodales de Mondoñedo), Madrid, 1981; Regesta de los documentos medievales, escritos en pergamino, del Archivo de la Catedral de Mondoñedo, Lugo, 1990; Mondoñedo - Catedral, Ciudad, Obispado- en el siglo XVI, Lugo, 1992; La música de la Catedral de Mondoñedo, Lugo, 1996; Colección Diplomática Medieval del Archivo de la Catedral de Mondoñedo. Transcripción íntegra de los documentos, Santiago, 1999 y De Viveiro en la Edad Media, 1992. También ha escrito extensos artículos sobre el Episcopologio Mindoniense.

Es Licenciado en Teología por la Universidad de Comillas-Santander (1946). Doctor en Teología por la Universidad de Comillas-Madrid (1969). Medalla de Bronce de Galicia (1998).

En junio de 2011 fue nombrado por el papa Prelado de Honor de Su Santidad.