O Concello de Ferrol entabla contactos con Cáritas para tentar mellorar a coordinación coa entidade

Rolda de prensa · Autor: Concello de Ferrol

A concelleira de Benestar Social e Muller, Beatriz Sestayo, transmitiu aos responsables de Cáritas o seu interese porque a entidade colabore no plan estratéxico de servizos sociais para mellorar as re

A Concelleira de Benestar Social e Muller, Beatriz Sestayo, realizou esta mañá unha visita ás instalacións de Cáritas en Ferrol, co obxectivo de entablar unha relación fluida e permanente con esta entidade, ao igual que co resto de colectivos vinculados ó benestar social dos cidadáns.

Beatriz Sestayo manifestou que dentro do plan estratéxico de Ferrol Solidario estase rematando o protocolo interno de mellora dos servizos sociais e reorganización.

Nunha segunda fase, o obxectivo é “tecer unha rede social con todas as entidades, para que formen parte das mesas de participación do plan estratéxico”, co obxectivo de mellorar a colaboración entre a parte pública e a asociativa.

Neste senso, engadiu, “Cáritas é unha entidade que non pode faltar tanto nas nosas visitas como na necesidade de establecer relacións de coordinación e cooperación para a mellora da vida de moitas persoas”.

Imos ver en qué puntos podemos colaborar e mellorar a atención ás persoas porque buscamos o fin da inclusión social e da atención social”, sinalou Beatriz Sestayo.

Na reunión cos representantes de Cáritas en Ferrol, Beatriz Sestayo explicou o traballo que se está a desenvolver dende a área de servizos sociais para incrementar a atención á infancia, o obxectivo de crear un centro de inclusión social público para persoas sen fogar e abordar o problema de vivenda das persoas en dificultades económicas.

Así mesmo, na reunión tamén se puxo de manifesto, por parte tanto da concelleira como dos responsables de Cáritas, das dificultades que están a sufrir os beneficiaros da Renta de Inserción Social (Risga) tanto para percibila como para evitar atrasos ou penalizacións.

Fonte: www.ferrol.es