O Ano da Misericordia, en 6 pasos

Programa oficial dos actos diocesanos para o Xubileo extraordinario

A Catedral de Mondoñedo acollerá a eucaristía solemne e a apertura da Porta Santa o domingo 13 de decembro

1. PREPARACIÓN

Luns, 7 de decembro
Encontro de adolescentes-xoves na casa reitoral de Viveiro, 17.30 horas.
Procesión-traslado desde a capela da Misericordia ata o mosteiro das nais Concepcionistas.
Vixilia da Inmaculada no mosteiro das nais Concepcionistas.

Martes, 8 de decembro
Procesión desde o mosteiro das nais Concepcionistas á capela da Misericordia – Igrexa xubilar.
Solemne proclamación do Ano da Misericordia, 21 horas.
 

2. INAUGURACIÓN

Sábado, 12 de decembro
Apertura do Ano da Misericordia na Concatedral de San Xiao. Ferrol – Igrexa xubilar, 12 horas.

Domingo, 13 de decembro
Apertura solemne do Ano da Misericordia na Catedral de Mondoñedo – Igrexa Nai xubilar: procesión desde a igrexa de Santiago, apertura da Porta Santa e eucaristía, 17 horas.
 

3. XORNADAS DIOCESANAS

· Marzo, días 11,12 e 13: Exercicios espirituais para leigos.

· Marzo, día 12: Encontro Diocesano na Coresma. Gran celebración do perdón no Ano Xubilar.

· Marzo, día 22: Encontro formativo para sacerdotes. Misa Crismal. Catedral Mondoñedo.

· Abril, día 16:  III Encontro Diocesano de Pascua. Seminario de Mondoñedo.

· Maio, día 10: Xornada sacerdotal. Celebración de San Xoán de Ávila. Seminario de Mondoñedo.

· Xuño, día 4: Xubileo dos Enfermos. Pastoral da Saúde. Catedral de Mondoñedo.
 

4. NOS ARCIPRESTADOS, UNIDADES PASTORAIS E PARROQUIAS

· Potenciaremos o sacramento da Reconciliación e o acompañamento persoal nas comunidades, facilitando a celebración, publicando horarios, e favorecendo que haxa sacerdotes disponibles nos núcleos de poboación máis grandes.

· Secundar a iniciativa do papa Francisco das “24 horas para o Señor”, o venres e o sábado antes do IV domingo de Coresma (MV 17).

· Potenciaremos a celebración festiva e comunitaria do sacramento da Unción, así como a visita aos enfermos.

· Catequeses sobre as obras da misericordia para nenos e adolescentes

· Favoreceremos a ambientación do Ano Xubilar: carteis, colgaduras co logotipo do Ano Xubilar, estandartes, oración do Ano Santo.

· A delegación de Turismo, Santuarios e Peregrinacións promoverá un encontro das parroquias polas que pasa o Camiño de Santiago para buscar unhas liñas de acción pastoral conxuntas en todo o Camiño. Estase a estudar organizar coas dioceses de Galicia unha peregrinación a Roma.
 

5. XESTO SOLIDARIO DIOCESANO

Durante todo o Ano Xubilar organizaremos en todas as parroquias, comunidades, santuarios, capelas. Faráse tamén unha colecta como compromiso xubilar cun proxecto solidario de Mans Unidas, organizando cada comunidade da forma que crea conveniente.
 

6. IV XORNADAS INTERDIOCESANAS DE PASTORAL PENITENCIARIA

Está prevista a celebración desta Xornada na nosa diocese no outono do vindeiro ano 2016.