Obxetivos da Pastoral Vocacional 2015-2016

Ministros dos sacramentos: "O Señor segue chamando"

OBXECTIVO  XERAL

Traballar, animados e unidos a nivel diocesano nos diversos campos da pastoral ordinaria, para conseguir impulsar a Pastoral Vocacional para o sacerdocio.


OBXETIVOS  ESPECÍFICOS

a.- Desenrolar un itinerario para un acompañamento de posibles persoas vocacionadas.

b.- Crear grupos de persoas en acompañamento vocacional para compartir e madurar no proceso vocacional a nivel diocesano, arciprestal e parroquial.

c.- Fomentar a sensibilización e oración polas vocacións nos catequistas, axentes de pastoral, profesorado de relixión, utilizando convenientemente os medios de comunicación.

d.- Atención  particular  aos  xoves que  participen na Xornada Mundial da  Xuventude (XMX) de Cracovia e que poidan manifestar algunha inquedanza  vocacional.

e.- Colaborar co noso Seminario á hora de facer algunha actividade cos rapaces da nosa diocese que están no Seminario de Lugo.

f.- Coidar e fomentar a presenza e labor dos monagos nas parroquias e organizar encontros que animen o seu labor. Iniciar con eles un proceso de acompañamento persoal.

g.- Organizar ao redor do Encontro Festivo-Vocacional,  actos, encontros, oracións, vixilias e  preceder e prolongar a súa realización con materiais que sirvan para traballar nos grupos e parroquias.

h.- Coidado e actualización do blog dentro da web diocesana, dándoo a coñecer e colgando informacións sobre actividades e contidos relacionados co acompañamento vocacional.

i.- Informar e facilitar sobre posibles materiais para traballar coas vocacións.


ACCIÓNS

-   Día do Seminario.

-   Encontro Festivo-Vocacional.

-   Xornada Mundial da Oración polas Vocacións.

-  Fomentar a creación de monagos nas parroquias.

- Encontro de oración polas vocacións nos mosteiros contemplativos, arciprestados  e  parroquias  no  mes  vocacional  e  en  torno  á  xornada  de  oración polas vocacións, aproveitando  as  estruturas  xa  existentes  como laudes e vísperas, o rezo do Rosario, a exposición do Santísimo, xoves  vocacionais..., e os materiais que temos (como a Guía de Oración polas Vocacións da diocese Tui-Vigo).

- Faladoiros (Tertulias) nos colexios (en colaboración cos sacerdotes, catequistas, etc..., que realicen funcións neles).

- Potenciar, con motivo do Ano da Misericordia, a vivencia dos sacramentos como lugar de encontro coa salvación de Deus.