Na Xornada Mundial do Emigrante e do Refuxiado

Jornada Mundial del Emigrante y Refugiado 2016 · Autor: CEE

Circular do administrador diocesano, Antonio Rodríguez Basanta, co gallo da xornada que celebramos este domingo 17 de xaneiro

Benqueridos irmáns:

Achégovos o material de sensibilización da Xornada Mundial do Emigrante e do Refuxiado que a Igrexa celebrará este domingo, 17 de xaneiro. Esta realidade interpélanos especialmente neste Ano da Misericordia.

Tanto o papa Francisco, como os bispos da Comisión Episcopal de Migracións da Conferencia Episcopal Española, amósannos esta campaña como unha invitación para ter presentes a tantos emigrantes e refuxiados: “É alí onde nos atopamos con eles –emigrantes e refuxiados- cara a cara e onde os nosos encontros poden asumir unha dimensión concreta”.

Recoméndovos o enlace á campaña e materiais da CEE e o vídeo que podedes visualizar na parte dereita da páxina.

Recibide un cordial saúdo

Antonio Rodríguez Basanta, Administrador diocesano de Mondoñedo-Ferrol