O Ano da Misericordia entra na vida dos xóvenes

A actividade inscríbese na formación permanente que anualmente oferta o CCD · Autor: CCD

O colectivo 'Campamento Diocesano' propón aos máis novos da diocese unha actividade centrada no Ano da Misericordia

Benquerida/o amiga/o:

Dentro do noso proxecto de formación permanente, o colectivo Campamento Diocesano organizará unha charla formativa titulada 'O Ano da Misericordia e as súas obras', a cargo de Antonio Valín, sacerdote diocesano, delegado para o Ano Xubilar da Misericordia e consiliario do CCD.

A conferencia terá lugar en Ferrol o sábado 5 de marzo ás 11 da mañá, nos locais da parroquia de san Pedro Apóstolo de Ferrol (R/ Publicista Saralegui y Medina 2, 15403 Ferrol – A Coruña), e queremos facer a oferta extensiva a todo aquel que estea interesado.

Para máis información, non dubides en preguntar en campadiocesano@hotmail.com

Agardando vernos e Ferrol, recibe un cordial saúdo.

Colectivo 'Campamento Diocesano'