O colexio Martínez Otero de Foz celebra a 15ª Festa da Solidaridade

Todo o recadado destinarase a colaborar con Mans Unidas a través da delegación da nosa diocese

O vindeiro sábado 26 levarase a cabo unha rifa e o reparto do 'bocata solidario'

O vindeiro 26 de febreiro, venres, entre as 13 e as 15 h, o Colexio Martínez Otero de Foz celebra a 15ª EDICIÓN DA FESTA DA SOLIDARIEDADE. Esta festa pretende sensibilizar á comunidade educativa (pais e nais, alumnado e profesorado) sobre o problema da fame no mundo e recadar fondos para colaborar con proxectos que Mans Unidas ten abertos en diversos países do terceiro mundo.

Desde o día 15 de febreiro estase levando a cabo unha campaña de sensibilización:

· Tódolos días, lese por megafonía un pequeno texto relacionado co obxectivo da campaña, os proxectos que Mans Unidas ten abertos ou o proxecto concreto que apoiamos neste curso: “Promoción de hortas comunitarias na comunidade de Diogué, en Senegal” (baixo a dirección de mulleres das aldeas da zona).

· Nas sesións de titoría lectiva realízase o comentario sobre os textos escoitados e visionado e comentario posterior do vídeo: “Senegal, donde nadie llega”.

· Do 17 ao 24 de febreiro: venta de vales do “bocata solidario”.

O día 26 de febreiro celébrase, a modo de clausura desta campaña, A XVª FESTA DA SOLIDARIEDADE que consiste nas seguintes actividades que terán lugar entre as 13 e as 15 h. :

· 13 h a 14,00 h Preparación de todo o material necesario.

· 13,50 h.- Happening cooperativo a modo de bendición da “mesa”.

· 14,00 h.- Reparto e consumición do “bocata solidario” que os membros da comunidade educativa que así o desexaron mercaron a razón de 3,5 €.

· 14,20 h..- Rifa solidaria: Cada bocadillo consumido da dereito a participar nunha rifa. Sortéanse uns 50 lotes de produtos doados por diferentes entidades, fundamentalmente editorias coas que o colexio traballa: Santillana, SM, Oxford.

· Ao longo de toda a mañá: Decoración multicor do lema “CONTRA A FAME, SEMENTA”.


Na organización de toda esta actividade colaboran, de xeito voluntario, 20 alumnos/as de ESO. Todo o recadado destinarase a colaborar con Mans Unidas a través da delegación da nosa diocese.