A diocese embárcase nun proxecto solidario no Ano da Misericordia

Imaxe dun vehículo similar ao do proxecto diocesano

Consistirá na adquisición dunha ambulancia para atender a unha poboación de 30.000 persoas en Mali (África)

Benquerido compañeiro:

Novamente póñome en contacto contigo para mandarche información sobre o proxecto solidario do Ano Xubilar da Misericordia. Como recordarás, falabamos de asumir desde a diocese un proxecto de Mans Unidas, co que colaboraríamos desde as distintas comunidades, parroquias, grupos… Cada un pode organizalo como queira: colecta mensual, colectas especiais, poñer unha boeta na igrexa… de tal xeito que ao final do Ano Xubilar remitamos todo á delegación diocesana de Mans Unidas.

Estes son os datos do proxecto:
· Compra dun coche ambulancia para Beleko en Mali (África occidental).
· Importe total:  33.041 euros.
· Á fronte do proxecto:  Relixiosas Mª Inmaculada (Servizo Doméstico).
· Benficiarios: Directos (8880 persoas), indirectos (31.080 persoas).

"Beleko se encuentra en Malí (Africa occidental), uno de los países más pobres del mundo. Es un pueblo aislado que vive de la agricultura de subsistencia y de la ganadería. Las Hermanas de María Inmaculada tienen un dispensario en la misión que atiende a 740 pacientes mensuales, que viven alejados del centro y con difícil acceso. Hay un solo médico para atender a 30.000 personas. Manos Unidas quiere financiar la adquisición de una ambulancia que beneficiará a toda la población (31.080 habitantes). El importe asciende a 33.041 euros".

Para facilitar a recollida das aportacións que poidamos facer, desde a delegación diocesana facilítannos este número de conta:  IBAN ES57 2080 0200 4430 4001 3449.  Recorda que á hora de facer os ingresos hai que poñer no concepto 'Proxecto ambulancia'.

Máis nada polo de agora, recibe un cordial saúdo.

Antonio Valín Valdés