Novo número de 'Sementeira', a revista da UPA Vilalba

Especial Semana Santa-Pascua e horarios das principais celebracións litúrxicas

Algunhas cousas a destacar para apuntar na nosa axenda...

- 12 de marzo: Encontro Diocesano de Coresma en Mondoñedo. Este encontro celébrase dentro dos actos diocesanos enmarcados no Ano da Misericordia.

-18 de marzo: Celebración Penitencial da Coresma na parroquia de Vilalba. Para reconciliarse con Deus e Xesús e celebrar con gozo a Pascua.

- 24 de marzo (Xoves Santo): Hora Santa na igrexa de Abadín ás 21:00h.

- 16 de abril: III Encontro Diocesano de Pascua. Tamén no Seminario de Mondoñedo. 

- 30 de abril: Encontro Festivo-Vocacional. No Seminario de Mondoñedo.

- 5 de xuño: Festa dos Maiores en Montouto a partires das 18 horas. Para honrar e acompañar aos nosos maiores. Recordar que estamos todos/as invitados/as.

*Recordade que seguimos a ter aberto en Internet o blog da unidade “Nova Sementeira” onde poderedes atopar máis información destas actividades relacionadas coa unidade ou coa diocese. novasementeira.blogspot.com.es