Ven a cantar con nós que '¡Viva la gente!'

Domingo 17 de abril no Colexio das NN. Mercedarias

A 11ª Xuntanza de Inverno reunirá en Ferrol a toda a familia do Campamento Diocesano

+ ÁLBUM DE FOTOS 2016

As Xuntanzas de Inverno xurdiron xa fai 11 anos, pois a experiencia de tantos anos fíxonos ver que atoparnos só no Campamento non era dabondo, e por iso decidimos buscar unha data no inverno (ainda que este ano, estaremos xa en primaveira) para xuntarnos.

Nos últimos anos vimos organizando conxuntamente con parroquias da nosa diocese, neste caso a unidade pastoral do Ensanche de Ferrol. O lema será 'Viva la gente!' e esa será a canción principal da xuntanza.

A xuntanza está aberta ós nenos da catequese das parroquias do Ensanche, ós nenos do Campamento e a todas as persoas (familia e amigos) que eles queiran invitar.

Pola mañá teremos unha actividade e unha eucaristía para os nenos e as familias, e despois de comer todos xuntos, xa pola tarde, xogos e obradoiros. O vídeo que compartimos pertence a unha campaña de Cáritas de Navarra do ano 2007 e utiliza a canción que vai ser o noso lema.

Seredes benvidos!

Fonte: Carmela (Colectivo 'Campamento Diocesano')