A gran cita músico-vocacional da diocese cumpre 21 anos

O Seminario de Mondoñedo acolleu unha nova edición do 'Encontro Festivo Vocacional' 2016

Papa Francisco: "Ojalá todos los bautizados puedan redescubrir que la vocación cristiana, así como las vocaciones particulares, nacen en el seno del Pueblo de Dios"

+ ÁLBUM DE FOTOGRAFÍAS

+ CANAL DE VÍDEOS (Los Julianitos, Javier Santiago, Coro Colegio cristo Rey Ferrol y grupo de jóvenes de la UPA de Viveiro)


Benquerido amig@

Un ano máis poñémonos en contacto contigo, desde a delegación diocesana de Pastoral Vocacional, para invitarte e animarche a que participes no Festival da Canción Vocacional que este ano cumpre a súa 21ª edición, e que desde o ano pasado pasou a chamarse Encontro Festivo-Vocacional. Terá lugar en Mondoñedo o sábado 30 de abril de 2016.

Con motivo do Xubileo da Misericordia, ó que nos convocou o papa Francisco, e coa necesidade de vocacións entregadas á evanxelización, é dicir, a anunciar as misericordias do Señor, quixemos expresalo no lema deste ano ”As misericordias do Señor cada día cantarei”. Este lema convídanos a redescubrir que o auténtico rostro do noso Deus é a Misericordia, e que, como está explícito na Sagrada Escritura, o encontro persoal con Deus impulsa a anunciar as súas misericordias: a principal vocación é o anuncio. Pero Deus fai presente a súa Misericordia dunha maneira especial nos sacramentos, por iso precisamos animar e rezar, de maneira especial, polas vocacións ó sacerdocio na nosa diocese.

Ademais de poder participar no Encontro coas vosas cancións ou coa vosa asistencia, invitámosvos tamén a realizar unha presentación en formato PowerPoint que recolla o sentido do que celebramos (pode ser unha presentación cun conto, redacción, con imaxes ou debuxos, etc…). O prazo límite para entregalas será o mesmo que para as cancións (16 de abril). As presentacións que fagades verémolas o día do Encontro.

Se tes algunha dúbida, ponte en contacto con nós: festivalcancionvocacional.pvmf@gmail.com

Só queda animarte a que participes nalgunha das actividades que presentamos; tamén podes vir simplemente a participar do día de convivencia e divertirte coas actuacións.

Un cordial saúdo.

O equipo da delegación