Convocatoria ao III Encontro Diocesano de Pascua

Celebrarase o sábado 16 de abril no Seminario de Mondoñedo

Están chamados a participar as persoas vencelladas ás delgacións, grupos ou movementos apostólicos da diocese

Benquerido/a delegado/a:

¡Feliz Pascua de Resurrección! Recibe con esta felicitación todo o agarimo dos que estamos a colaborar na Secretaría Pastoral diocesana.

O motivo da presente carta é o de recordarche que temos aí, xa cercana, a vindeira convocatoria: Encontro diocesano de Pascua. Nesta ocasión vai ser un pouco distinto dos anteriores, pois  queremos convocar ás persoas vencelladas a algunha delegación, grupo ou movemento apostólico (non é unha convocatoria xeral como os pasados anos). Este encontro chama aos delegados/as, aos equipos das delegacións e a aqueles que desde estes consideremos oportuno.

A data deste encontro é o sábado 16 abril no Seminario de Mondoñedo. Podemos apuntarnos ata o día 12, mandando un correo ao enderezo da Secretaría de Pastoral (que figura no membrete desta carta) ou no meu tno. 619019622.

Esta é a orde do día, aproximada:

10.30 h.  Acollida e Oración inicial
11.00 h.  Presentación da xornada. Secretaría de Pastoral. Liñas  de acción e retos na pastoral diocesana. Administrador diocesano, Antonio Rodríguez Basanta.
12.00 h.  Descanso – Café.
12.15 h.  Mesa redonda
14.00 h.  Xantar
16.00 h.  Encontro festivo: teatro
17.00 h.  Oración final e despedida

Recordade, que temos aí xa, a data da ordenación episcopal do novo bispo: 7 maio ás 11 horas na Catedral de Mondoñedo, e sería estupendo que as nosas delegacións diocesanos e grupos tiveran a súa  presenza, así que ide gardando a data.

Máis nada, esperando vernos ese día para compartir  como irmáns os nosos traballos e inquedanzas actuais e os retos do futuro,  recibe unha cordial aperta.

Antonio Valín Valdés