O Día de Cáritas na festividade do Corpus Christi

Carta do delegado episcopal, Alfonso Gil Montalbo

Xornada de cuestación: 27 de maio

Celebración eucarística: 28 de xuño

Cáritas disponse a vivir esta xornada coa mirada posta na práctica da xustiza ante o sufrimento de tantas persoas

Benqueridos amigos:

Cáritas disponse a vivir o Día de Cáritas na festividade do Corpus Christi coa mirada posta na práctica da xustiza ante o sufrimento de tantas persoas. Así nolo indica o lema deste ano “Practica a xustiza. Deixa a túa pegada”.

Practicar a xustiza é amar ao noso prójimo, aos nosos semellantes. É tratar con dignidade a todo ser humano, porque é da mesma familia, a humana, fillo e filla do mesmo Pai-Nai Deus. Practicar a xustiza é non quedarse indiferente ante o sufrimento e necesidade cando lle son arrebatados os seus dereitos, e non poden vivir dignamente pola inxustiza doutros.

En Cáritas traballamos pola xustiza. A xustiza é a primeira esixencia da caridade. Está é unha afirmación ampliamente repetida na Doutrina Social da Igrexa.

Si somos capaces de lograr un equilibrio entre a nosa forma de vivir, de pensar e de actuar, lograremos mellorar a nosa contorna facendo posible que a nosa pegada de xustiza e de amor transforme a realidade das persoas que viven en situación de pobreza e exclusión. Si así o facemos deixaremos unha pegada sostenible para todos, a poderán dicir de nós como dixeron de Xesús «pasou facendo o ben» (Hch 10, 34-38).

Para esta campaña contas con varios materiais didácticos na web www.caritas.es acompañando a esta carta os carteis, os dípticos, o guión litúrxicos, etc.

Informámosche que ademáis estamos organizando tres conferencias en Viveiro, As Pontes e Ferrol na semana previa a Corpus, sobre distintos aspectos da economía solidaria.

Finalmente, facilitámosvos  o número de conta no que poderedes ingresar os donativos e colectas de Corpus: ABANCA ES53-2080-0200-4830-0039-2123.

Como sempre, un cordial e fraterno saúdo,

Alfonso Gil Montalbo
Delegado episcopal