Xunta e Fillas do Divino Celo renovan o convenio de colaboración do centro de Burela

O centro de menores das Fillas do Divino Celo foi o primero da provincia de Lugo con calidae acreditada · Autor: CSA

A directora da 'Casa de Familia', Martina Sendino, estará o venres nos micrófonos do 'Espello'

A renovación realízase polos próximos 3 anos coa posibilidade de prorrogarse ata o primeiro semestre de 2022

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social, ven de adxudicar a renovación do Concerto de Prestación de Servizo Público do Centro de Menores 'Casa de Familia San Aníbal' de Burela promovido polas Fillas do Divino Celo - Rogacionistas.

Este Centro, que comezou a funcionar en xuño de 2012, pertence á Rede de Centros de Protección de Menores da Xunta de Galicia e acolle a nenos, nenas e adolescentes  que se atopan en situación de tutela ou garda pública pola Xunta de Galicia.

A Casa de Familia San Aníbal é un fogar funcional que se atopa integrado nun edificio residencial no centro de Burela, neste fogar conviven durante as 24 horas un equipo de profesionais multidisciplinar, elaborándose un proxecto individualizado de intervención para cada menor e a súa familia, en colaboración cos equipos técnicos de menores da Xunta e os servizos sociais municipais.

Neste proxecto educativo individualizado abrangue as ordes educativa, formativa, de coidado e atención, que permitan o desenrolo da súa personalidade individual, velando pola súa educación integral, saúde física e psíquica e desenvolvemento armónico da súa personalidade. Todo isto nun ambiente normalizado.

O obxectivo principal ao que tenta dar resposta este recurso é conseguir que no menor tempo posible os nenos, nenas e adolescentes poidan voltar á súa familia biolóxica, de non ser posible, buscarlles unha familia de acollida e naqueles casos onde pola súa idade e situación o máis aconsellable sexa buscar con eles a emancipación e autonomía.

A renovación deste Concerto realízase polos próximos 3 anos coa posibilidade de prorrogarse ata o primeiro semestre de 2022.

Na actualidade residen no Centro 10 nenos, nenas e adolescentes con idades comprendidas entre os 5 e os 17 anos. O Centro atópase nos últimos anos sempre por riba do 100% de ocupación.

A Consellería de Política Social ten previsto para o mantemento deste servizo nos próximos 6 anos investir casi que 1.200.000 €.