Viveiro rende homenaxe a Enrique Cal Pardo

Charla-homenaxe sobre a súa vida e obra, o sábado 18 de xuño no Salón de Plenos do Concello

O vindeiro sábado 18, ás 20:30 horas, celebrarase no Salón de Plenos do Concello de Viveiro unha homenaxe ó insigne historiador recentemente finado, Enrique Cal Pardo.

Nesta, participarán o escritor Ramón Loureiro, premio "Julio Camba" 2016; Simonetta Dondi dall Oroglio, historiadora e directora do Museo Catedralicio de Arte Sacra de Mondoñedo; e o cronista oficial de Viveiro, Carlos Nuevo Cal.

Será un acto de recoñecemento da súa obra e legado. Débeselle a conservación e estudo dun dos arquivos mais importantes de Galicia, o do bispado de Mondoñedo-Ferrol.

Falarase da súa labor como investigador, a relación con Pardo de Cela, a historia da cidade, os vencellos de Viveiro e Mondoñedo, etc. Así como reivindicar un recoñecemento das institucións por unha carreira chea de vocación, sacrificios, vontade e bonhomía.

Fonte: Antonio Lage Seara