O Concello de Mondoñedo organiza as I Xornadas de Historia Local 'Enrique Cal Pardo'

Presentación oficial das Xornadas · Autor: Concello Mondoñedo

As actividades desenvolveranse na Casa da Xuventude do 5 ao 8 de xullo e están pensadas para todos os públicos

A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, deu a coñecer hoxe o programa que conforma as I Xornadas de Historia Local ‘Enrique Cal Pardo’ que organiza o Concello e que se desenvolverán os días 5, 6, 7 e 8 de xullo na cidade.

As actividades, de carácter gratuíto, desenvolveranse na Casa da Xuventude e están pensadas para todos os públicos. Ademais de varios relatorios, haberá un obradoiro para nenos e nenas para que coñezan máis de preto a historia de Mondoñedo, así como unha visita guiada cultural e literaria pola cidade.

5 de xullo
O día 5 de xullo ás 20:30 horas, Xulio Pardo de Neira ofrecerá un relatorio sobre 'Os Montenegro e Mondoñedo. Tratamento histórico da familia Montenegro na cidade de Mondoñedo e a súa provincia'.

6 de xullo
O día 6 de xullo ás 20:30 horas, a ponencia correrá a cargo de Prudencio Viveiro Mogo e versará sobre 'O primeiro Conde de Fontao Mondoñedo'.

7 de xullo
O día 7 de xullo ás 20:30 horas, Félix Villares Mouteira ofrecerá un relatorio sobre 'Os poetas do Seminario'.

8 de xullo
Por último, o día 8 de xullo ás 17 horas, celebrarase un taller de historia para nenos e nenas a partir de 8 anos. Ás 20:30 horas farase unha visita guiada cultural e literario pola cidade de Mondoñedo
 

OBRADOIRO PARA NENOS E NENAS

A alcaldesa explica que se quixo coidar “de xeito especial” a participación dos máis novos nestas xornadas, polo que se acordou traballar con eles sobre a historia de Mondoñedo, amosarlles os monumentos da cidade e darlles a coñecer documentos para que saiban de onde se obteñen os datos. Para iso, “daremos un paseo pola historia de Mondoñedo dende a actualidade ata a prehistoria con exemplos reais sobre a mesma”, engade.

Os interesados en anotarse poden formalizar a súa inscrición de xeito gratuíto desde o 17 de xuño ata o 4 de xullo, ambos os dous incluídos. Poden facelo a través do e-mail xornadas.arqueo@gmail.com ou nos teléfonos 982 50 71 77 e 982 52 40 03. Deben indicar os seus datos persoais e un contacto.

A rexedora anima aos mindonienses e tamén aos veciños e veciñas doutras localidades a participar nestas xornadas “que nos han permitir saber máis sobre o lugar no que vivimos e sobre a importancia de Mondoñedo ao longo da Historia”.

Fonte: Concello de Mondoñedo - Facebook