O programa da TVG 'Polo camiño da fe' visita Baltar

Na festa de San Antonio María Claret, compartimos o vídeo emitido onte

Entrevistas ao bispo diocesano, ao delegado de Misións e a toda a comunidade parroquial de Baltar

Onte mércores tivemos a sorte de recibir a visita de Manuel Blanco e todo o seu equipo do programa da TVG 'Polo Camiño da fe'.

Xuntámonos no convento de Baltar, que atenden os pais Misioneiros Claretiáns, para coñecer a realidade desta comunidade parroquial: os grupos da Catequese, os de Vida Ascendente, os de Cáritas... e mesmo gozamos das voces da Coral.

Acompañounos o noso bispo Luis Ángel de las Heras; o pai Manuel Díez, delegado diocesano de Misións, quen aproveitou para presentar a magnífica campaña do Domund deste ano; e o pai Xesús, sempre disposto e traballador.

Xa na tardiña, o equipo visitou as parroquias de Santa María Maior do Val e a da Nosa Señora das Angustias de Ferrol, tamén atendidas polos pais claretiáns.

Soamente quédanos convocarvos para a emisión do programa, aínda pendente da data oficial. Iremos informando a través das canles diocesanas habituais. Estade atent@s!

+ ÁLBUM de fotos completo

+ Páxina web do programa 'Polo camiño da fe' (TVG)

+ VÍDEO: Programa completo

[Fotos: Servicio Diocesano de Comunicación (MCS)]