Carta do delegado diocesano de Catequese no inicio do novo curso 2016-2017

Carlos Miranda e Pilar Lourido son os responsables diocesanos da Catequese · Autor: Diocese

O Encontro de Catequistas e presentación do curso será o 15 de outubro en Mondoñedo

Os Secretariados de Catequese de Galicia veñen de estrear nova web

"Este ano teremos a presentación oficial do curso dentro do marco do Ano da Misericordia"

Benquerido compañeiro sacerdote:

Iluminados pola exhortación apostólica “Amoris Laetitia” reemprendemos un novo curso catequético co lema 'A FAMILIA FOGAR DA CATEQUESE'.

Sempre añoramos unha implicación maior das familias na catequese, e sabemos que eles deben ser os “primeiros mestres” da fe dos seus fillos (Cf. AL 16), polo que todo esforzo para que tomen conciencia do seu papel nesta tarefa, é algo que a todos nos preocupa. Por iso, este ano as delegacións de Catequese de Galicia ofrecemos os seguintes materiais: cartel, carta ás familias, o folleto da presentación e tres catequeses sobre o tema que nos ocupa.

Este ano teremos a presentación do curso dentro do marco do Ano da Misericordia, con un Encontro de Catequistas co novo bispo Luis Ángel, no Seminario Santa Catalina de Mondoñedo, o próximo 15 de outubro, a partires das 10,30 horas. Finalizaremos o encontro cun xantar fraterno [Importante apuntarse para o xantar: 982 521 000 - Lourdes].

Orde do día:

10,30h.- Acollida.
10.45h.- Saúdo do bispo diocesano, Mons. Luis Ángel de las Heras.
11.15h.- Presentación do novo curso, por parte do delegado de catequese, Carlos Miranda Trevín.
11.30h.- Celebración Penitencial, que presidirá o vicario xeral, Antonio Rodríguez Basanta.
12.30h.- Descanso-Café.
12. 55h.- Peregrinación á S.I.B. Catedral-Basílica.
13.00h.- Eucaristía.
14.00h.- Xantar fraterno no Seminario Santa Catalina e Recordatorios.

Por todo isto, pídovos que fagades extensiva esta invitación ós catequistas, e a vós especialmente para participar como confesores -traede alba e estola branca-.

Duas novidades importantes:

· Dar a coñecer a nova páxina web das delegacións de Galicia chea de recursos e na que podemos dar a coñecer inciciativas catequéticas da diócese e das vosas parroquias. Podedes visitala premendo neste link: www.catequesisdegalicia.com

· E, xa saiu o segundo caderno de materiais complementarios do catecismo 'Testigos del Señor' (11-12 anos): El Camino que conduce al Padre, que axiña poderemos ter na delegación.

Vémonos na Asemblea do Clero, o 28 de setembro, no que poderemos acceder a mais material da delegación e o 15 de outubro, en Mondoñedo.

Quedo a vosa disposición e aberto as vosas suxerencias e a dos catequistas.

Un cordial saúdo.

Carlos Miranda
Delegado de Catequese de Mondoñedo-Ferrol