VÍDEO: O bispo invítanos ao I Encontro Diocesano de Envío

Mons. Luis Ángel de las Heras, CMF · Autor: Diócesis

O vindeiro sábado 22 de outubro en Mondoñedo, ¡comezo oficial do curso!

A súa finalidade: sentirnos parte importante do traballo da Igrexa de Mondoñedo-Ferrol e membros activos e gozosos nela

ÁLBUM DE FOTOGRAFÍAS (Gesto de Envío Misionero)


O papa Francisco recórdanos na 'Evangelii gaudium': “Polo bautismo recibido, cada membro do Pobo de Deus converteuse en discípulo misioneiro (…), cada un dos bautizados, calquera que sexa a súa función na Igrexa é un axente evanxelizador” (EG 120). Iso lévanos a sentirnos parte importante do traballo da Igrexa, e membros activos e gozosos nela.

Para celebrar isto todos xuntos, como comunidade diocesana (comunidades parroquiais, delegacións, asociacións, movementos, sacerdotes, relixios@s, arciprestados...), somos convocados polo noso bispo, Mons. Luis Ángel de las Heras, a un encontro-celebración de envío, o vindeiro día 22 de outubro en Mondoñedo.

Este é o plan da xornada:
· 11h. Oración inicial e encontro co bispo
· 12h. Descanso
· 12.30h. Eucaristía de celebración do envío na S.I. Catedral-Basílica
· 14.00h. Xantar (cada un trae algo para compartir)

Ogallá podamos vernos ese día! Paga a pena comezar xunt@s este novo curso que con tanta ilusión emprendemos dende a diocese. Compartide para que poda chegar a tódolos recunchos da diocese!

É convinte avisar no Seminario cantos quedaredes a comer (Teléfono 982 52 10 00 - Lourdes). ¡Gracias!

[Extracto da convocatoria oficial emitida pola Secretaría Diocesana de Pastoral]