Alfonso Gil: 'O fogar significa calor, familia, seguridade, futuro'

Rueda de prensa de la presentación de la campaña 'Personas sin Hogar' 2016 · Autor: Cáritas

Carta do delegado episcopal de Cáritas Diocesana - Campaña 'Persoas sen Fogar'

"Esta campaña é unha chamada a ter conciencia, un grito para poñer en evidencia un problema grave que afecta a milleiros de persoas para as que supón vivir ou non vivir con dignidade"

Benqueridos amigos:

Preséntovos a campaña de Persoas sen Fogar deste ano. O pequeno folleto que recibides a explica con brevedade e acerto. Permitídeme insistir nestes puntos:

1. Ter fogar é máis que ter un teito. É casa, é familia, é relacións sociais, é descanso, é futuro. É dignidade.

2. Trátase de “visibilizar” o problema. Existe, mais non o vemos. E ao non seren visto socialmente non chega a ser resolto.

3. Esta campaña, polo tanto, non é de tipo económico. É unha chamada a ter conciencia, un grito para poñer en evidencia un problema grave que afecta a milleiros de persoas para as que supón vivir ou non vivir con dignidade.

Domingo, 27 de novembro. Comeza o Advento. Preparémonos para acoller ao que ven. Lembremos unha vez máis a Aquel que non foi acollido no seu momento e un establo foi a súa primeira morada: “Veu aos seus, e os seus non o recibiron”. Que hoxe non suceda o mesmo.

Alfonso Gil Montalbo
Delegado episcopal de Cáritas Mondoñedo-Ferrol
 

Por dignidade, ningúen sen fogar

A campaña de persoas sen fogar lanz aun novo trienio 2016-2018 para anunciar e denunciar que 'NON HAI DEREITO!' que NINGUÉN SEN FOGAR é imprescindible e posible. Queremos poñer e construir un modelo de sociedade diferente, que poña as persoas e a súa dignidade no centro, non unicamente acabar coa pobreza.

Queremos facer posible o que hoxe parece imposible: que toda persoa viva con dignidade nun fogar propio, en paz e permanente.

As persoas en situación de sen fogar son, ante todo, persoas.

A campaña deste ano pon a atención na dignidade de toda persoa. A dignidade reside no feito de que somos, non un que, senón un quen, seres e persoas únicas, insustituibles, dotadas de intimidade, de intelixencia, vontade, liberdade, de capacidades...
 

Faime visible

Para reconstruir a dignidade das persoas en situación de sen fogar é fundamental a visibilidade: se non te vexo, se non te recoñezo, non podo recoñecerme en ti, non podo poñer en valor a dignidade que nos une e iguala como seres humanos.

Temos que ser capaces de vivir a dignidade de ida e volta, recoñecer que "a túa dignidade é a miña, e que eu tamén me dignifico como persoa a través de ti".

O 22,2% da poboación está baixo o limiar da pobreza.

Estamos chamados a:

· Construir unha sociedad baseada en dereitos universais e non en provilexios individuais.

· Priorizar aqueles que están nunha situación de maior vulnerabilidade.
 

Que propoñemos? Xestos para a dignidade

É fundamental a visibilidade e o recoñecemento das persoas en situación de sen fogar. Un xesto que amplíe a mirada cotiá cara ás persoas en situación de sen fogar, que nos saque da cómoda miopía en que vivimos, unha mirada mobilizadora de dignidade e dereitos.

É necesario un compromiso do conxunto das Administracións para desenvolver políticas públicas que poñan as persoas no centro (en especial ás persoas sen fogar), e que aposten pola protección e garantía de acceso a dereitos humanos fundamentais (vivenda, saúde, etc.).

A creación de mensaxes positivas que loiten contra a discriminación e estigma que sofren as persoas en situación de sen fogar é unha tarefa esencial dos medios de comunicación. Trátase de coñecer en profundidade a realidade do 'sinfogarismo' e a súas situacións complexas, como xesto e compromiso coa dignidade que todo ser humano ten polo simple feito de selo.

Máis información no portal de Cáritas Mondoñedo-Ferrol.