Comeza a 'Operación QUILO' nas parroquias da UPA de Foz

Os grupos das Cáritas parroquiais lanzarán a Campaña durante o mes de decembro

Aínda que imos comezar o Advento, desde a Unidade Pastoral de Foz xa estamos pensando na 'Operación Quilo' deste ano. Desde os grupos de Cáritas lánzase a Campaña no mes de decembro.

En Foz estarán os voluntarios de Cáritas o sábado día 10 nos distintos supermercados. No resto das parroquias, pódense deixar as cousas nas diferentes igrexas.

Estes son os materiais que queremos recoller este ano. Contamos coa túa axuda! Graciñas!

· Leite, galletas, colacao
· Azucre, chocolate
· Aceite, conservas de todo tipo
· Productos de limpeza
· Productos hixiene persoal
· Cueiros e material bebés
· Cousas de Nadal

Máis información no blog da UPA. Preme aquí