Festival Solidario de Manos Unidas en Vilalba

A actividade enmárcase no proxecto de formación e protección dos dereitos humanos en Honduras

Na presente edición, Manos Unidas - Parroquia de Vilalba participa no proxecto 'Formación e protección dos dereitos humanos en San Pedro de Sula (Honduras)'.

Honduras é un dos países de América Latina onde a violencia e a inseguridade son os problemas máis graves aos que se enfronta a poboación. Ademais, os dereitos humanos e as liberdades vense afectadas por factores económicos, sociais, políticos e culturais que determinan situacións de pobreza e exclusión social, sobre todo en mulleres e nenos, maiores, discapacitados, indíxenas, inmigrantes e persoas con VIH. 

Esta situación viuse agravada pola corrupción e o crime organizado (narcotráfico, trata de persoas e tráfico de armas) que inflúe na confianza da poboación nas institucións públicas. A situación social de San Pedro de Sula é dramática, non só polas cifras de homicidios (unha das máis altas do mundo) senón pola impunidade ante as forzas de orde público e a xustiza.

Por iso, monseñor Garachana, bispo de San Pedro de Sula, solicita a Mans Unidas levar a cabo un proxecto de formación e protección dos dereitos humanos en seis concellos, que beneficiará a 4.300 persoas. Preténdese o desenvolvemento de accións por parte dos defensores dos dereitos humanos para garantir a aplicación da xustiza e o cumprimento de políticas públicas, facendo un seguimento do labor das organizacións gobernamentais.

Mans Unidas achegará fondos para a formación e capacitación de líderes comunitarios e axentes de pastoral como defensores dos dereitos humanos; a difusión de programas de radio, creación e seguimento das redes, persoal e funcionamento. O importe total para este proxecto ascende á cantidade de 68.068 euros.

TODOS/AS SOMOS IMPORTANTES PARA CONSEGUILO! GRAZAS!!! 


Colaboradores na edición 2017

CONCELLO DE VILALBA  -  IMPRENTA JUNOR – QUEIXERÍAS ENTREPINARES - QUEIXERÍA DON CRISANTO  - PANADERÍA VILLALBESA - PANADERÍA  A NOVA - TAHONA CURRÁS - ACISAL - XAMÓNS E EMBUTIDOS  www.elote.es - CARNICERÍA GENEROSA - CARNICERÍA JOSÉ MANUEL -REPRESENTACIONES CABARCOS S.L. -   BODEGAS BAAMONDE  - ESTRELLA GALICIA