Curso formativo sobre la Historia del Trabajo y el Movimiento Obrero

Jornada 'Por un trabajo decente' (2016) en Ferrol · Autor: Diócesis

Organizan los equipos diocesanos de la HOAC Mondoñedo-Ferrol y Tui-Vigo

Día 1 y 2 de abril en la Cidade dos Muchachos 'Agarimo' de Arteixo

Remítovos o díptico do Curso sobre Historia do Movemento Obreiro que os equipos da HOAC das dioceses de Mondoñedo-Ferrol e Tui-Vigo, xunto cos novos equipos de iniciación de Lugo e Coruña, imos organizar a fin de semana do 1 e 2 de abril na Cidade dos Muchachos "Agarimo" de Arteixo.

Polo enorme interese do tema a tratar e de como afecta á nosa concreta realidade diocesana, consideramos oportuno abrilo ao conxunto dos fieis para compartir a nosa experiencia formativa con todas aquelas persoas sensibles cos empobrecidos do mundo obreiro e do traballo, para impulsarnos a acudir sen demora a esas fronteiras sedientas de fe, nas que a precariedade e a inxustiza reclaman o noso compromiso e discipulado misioneiro.

Debido ao lugar no que se realiza, existe a posibilidade de aloxarse durante a fin de semana, estando a disposición de quen o precise un servizo de gardería, facilitando así un clima de convivencia e vida comunitaria adecuada.

Para sufragar os gastos de comidas e aloxamiento de todos os que alí acudamos, estableceuse un importe simbólico de 15 euros en concepto de inscrición.

HOAC-Mondoñedo-Ferrol