O bispo Luis Ángel convoca aos xóvenes da diocese á unha oración mensual

· Autor: P. Heimpatz

Os encontros basearánse na oración, o silencio e a escoita da Palabra de Deus

Este sábado día 23, na capela da residencia episcopal de Mondoñedo ás 11 horas

"Poder rezar con la los jóvenes es una experiencia extraordinaria; quiero presentarles una Iglesia que merece la pena"

Unha vez máis diríxome a ti para convocarche a unha das iniciativa que vén levando adiante, con unha resposta magnífica, o noso bispo Luis Ángel coa xente máis nova dos nosos grupos e comunidades: a oración mensual.
 

DESTINATARIOS: Rapaces/as a partir de 16 anos, aunque sempre queda ao criterio dos animadores das parroquias e comunidades. Tamén poderán participar os seus familiares.
 

LUGAR: Capela da residencia episcopal en Mondoñedo, ás 11:00 da mañá.
 

DATAS 2019-2020

· Outubro: día 20
· Novembro: día 23
· Decembro: día 21

· Xaneiro: día 18
· Febreiro: día 22
· Marzo: día 21
· Abril: día 25
· Maio: día 30
· Xuño: día 13

Como xa vos comentaba, a idea é ter un encontro mensual, que será preparado e animado por cada arciprestado cada vez, no que o bispo diocesano terá unha intervención. Os encontros durarán en torno aos cincuenta minutos, e pretenden ser un rato de silencio, oración e escoita da Palabra do Señor.

Ben sei que todos estamos enredados en moitas tarefas pastorais, e que cos máis xoves non sempre é un traballo fácil, pero si pode ser un intento que pode prender, se o animamos, como sucede noutros lugares. Este é un punto de partida, que coa axuda do Espírito do Señor e a nosa colaboración, pode ir facéndose realidade.

Prégoche que o difundas, que o animes, invites,... logo, xa os mesmos rapaces/as se encargarán de dalo a coñecer.

Servicio Diocesano de Comunicación

@mondonedoferrol