Todo preparado en Mondoñedo para celebrar o Encontro de Pascua 2018

Cartel oficial · Autor: Diocese

Mons. De las Heras presidirá os actos principais o sábado 21 de abril

Benquerido/a amigo/a:

Poñémonos en contacto contigo para convocarte  ao Encontro de Pascua que terá lugar no Seminario de Mondoñedo, o vindeiro día 21 de abril, sábado, coa seguinte orde do día:

· 10.30 h. Acollida e café no Seminario
· 11.00 h. Oración – motivación “Camiño de Emaús”
· 11.45 h. Dinámica “Camiño de Emaús”
· 13.00 h. Celebración da Eucaristía
· 14.00 h. Xantar compartido no Seminario

Pregámosche animes todo o que poidas á xente da túa parroquia, unidade pastoral, comunidade ou grupo… Recorda que nesta ocasión, traemos algo para compartir no xantar.

Por cuestión de organización do Encontro, sería conveniente que en torno ao día 15 abril, soubéramos cánta xente vai vir; podes avisar chamando á Domus Ecclesiae (Ferrol) preguntando por Carlos Alonso, ou mandando un correo electrónico a este enderezo:  mcs@mondonedoferrol.org. Se van participar nenos, pregámosche nos indiques cántos son e as súas idades.

Máis nada, esperando atoparnos ese día, recibe un cordial saúdo.

Gonzalo Varela Alvariño
Antonio Valín Valdés