Semblanza do sacerdote Hipólito Gasalla García

Faleceu en Mondoñedo o pasado 24 de maio

Don Hipólito Gasalla García naceu en Bretoña o 18 de mayo de 1934.

Realizou os seus estudios de latín e humanidades, filosofía e teoloxía no Seminario de Santa Catalina de Mondoñedo.

Foi ordenado presbítero o 14 de marzo de 1959 polo bispo Jacinto Argaya Goicoechea. De seguido foi nomeado cura ecónomo de Vilaformán desde o ano 1959 ata o 1968. Foi tamén cura ecónomo de Trobo por un período moi breve de tempo.

No ano 1968 pasa a ser cura ecónomo de Xudán e administrador parroquial de Santiago de Vilaodriz.

Xubilouse no ano 2006 indo a vivir á residencia sacerdotal do Seminario de Mondoñedo, onde finou.

Compaxinou o seu ministerio pastoral co traballo de axente bursátil e empregado de Banca.

Que o Señor, que o chamou na festa litúrxica de Xesucristo Sumo e Eterno Sacerdote, o reciba eternamente nas moradas do seu Reino.

Descanse na paz do Señor.

Antonio Rodríguez Basanta

Xove (1950) - Vicario General - Especialista en Catequética

@tonobasanta