Convocada a Asemblea de inicio do curso pastoral 2018-19

Cartel oficial da convocatoria · Autor: Diocese

Carta convocatoria do vicario xeral diocesano

O vindeiro sábado 27 de outubro no Seminario de Mondoñedo

Aos sacerdotes, relixiosos, relixiosas e laicos:

O vindeiro sábado, día 27, no Seminario de Mondoñedo, como cada ano ao comezo de curso, o noso Bispo convócanos á ASEMBLEA DIOCESANA DE INICIO DO CURSO para presentarnos e compartir con nós a programación pastoral deste ano, na que todos en maior ou menor medida estamos chamados a facer as nosas aportacións, poñer os nosos acentos e, sobre todo, a participar activamente.

Este é o horario da xornada que remata a mediodía:

· 10:30 h. Acollida/café
· 11:00 h. Oración (salón de actos)
· 11:15 h. Intervención do noso bispo Luis Ángel
· 11:30 h. Presentación da programación do curso pastoral
· 12:00 h. Reunión por grupos (claustro e aulas)
· 13:00 h. Descanso
· 13:30 h. Oración de envío (Catedral)
· 14:15 h. Xantar compartido (comedor do Seminario)

Como estamos a facer nestes últimos anos o “xantar compartido” supón que traemos a comida e ata a podemos compartir, o que favorece máis aínda a nosa convivencia e expresa os nosos desexos de fraternidade.

Animo a participar aos párrocos acompañando aos seus fregueses e ás delegacións de cada vicaría, así como, ás congregacións relixiosas, movementos, asociacións, confrarías, etc...

Haberá tamén un servizo de acollida e acompañamento para os nenos e adolescentes que participen neste encontro.

Agardámoste. Unha aperta

Antonio Rodríguez Basanta
Vicario xeral